Saltar ao contido principal

"REALIDADES DELIRANTES " IV FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS

REALIDADES DELIRANTES 
Un proxecto onde os meus alumn@s tiñan que aprender a realizar un guión cinematográfico, estudar a linguaxe audiovisual, planificar(story board), rodar, actuar, editar e realizar animacións  para os títulos de crédito inspirándose nos "motion graphics " do cine .

Traballando por grupos os ne@s de 4º ESO C asumiron o papel de director, cámaras, guionistas, editaron o son, os efectos especiais, foron actores, maquillaron, buscaron o vestuario e os escenarios. Puxemos en común cada unha das cinco curtas en distintos momentos do 2º trimestre, corrixindo  e volvendo repetir escenas  si era necesario, todos opinamos e valoramos, alumn@s e profesora.

 Aprenderon a montar unha curta, pero sobre todo a armarse de paciencia , chegando a editar e reeditar varias veces a mesma escena. Estou convencida de que non esquecerán esta experiencia , un traballo en equipo onde todos son necesarios e cada un asumiu responsabilidades.
 O profesor só foi un guía, un recurso máis para os  alumn@s, que son os auténticos protagonistas neste proceso de aprendizaxe  onde o erro sempre é necesario para seguir aprendendo.
¡Parabéns nen@s sodes marabillosos!

Tamén vos deixo o video realizado pola miña compañeira Pilo(M Jose Soto) que se encargou de organizar o evento do IV Festival Audiovisual as Barxas, xunto aos meus compañeiros Charo, Fran, Brais e Mónica Acebo, a miña compañeira de plástica que traballou na xenial decoración do festival .

¡Espectacular traballo compañeir@s !

Todo este traballo supuxo moitas horas de actividades extraescolares, tanto para os meus alumn@s de plástica, para min e os meus compañeir@s, poñendo do noso tempo persoal para conseguir sacar o proxecto adiante, algunha vez preguntáronme si este tempo é recompensado ou recoñecido dalgún xeito,(como dato podo aportar que o tempo investido en rodar e editar son todos os mércores de tres meses de 3 a 8 da tarde)o único recoñecemento que podes ter é a satisfacción de ver como os teus alumnos , aprenden , divírtense e implícanse sen importarlles a nota , en definitiva , A MOTIVACIÓN dos ne@s .


Interpretación dun conto de Woody Allen: O Alce


Títulos de Crédito, a curta non se publica


EVENTO FESTIVAL AUDIOVISUAL


Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...