Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2015

CARANGUEXO FILMS - proxecto audiovisual as BARXAS

O proxecto audiovisual as BARXAS ao  que os meus alumn@s bautizaron este curso co nome de  " Caranguexo   films" ,  ten xa a súa propia páxina web, onde poderemos ver as oito curtametraxes deste ano  incluído "O fantasma do maltrato", unha das curtas realizadas no proxecto "un artista na escola", con  Simón Vázquez  e que estreamos no festival .   http://luzbelos.wix.com/caranguexo-films A WEB tamén conta c o blog ou diario de bitácoras d@s alumn@s e as súas impresións do rodaxe, o  video  do festival, un  making   of  e fotos da experiencia. http://luzbelos.wix.com/caranguexo-films#!curtas/cfvg http://luzbelos.wix.com/caranguexo-films#!PRENSA/c1pbu/3

"PEONZA DE ORO" PARA EDUCORTOS, IX PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS

Este sábado 13 de Xuño celebrouse a entrega de premios de ESPIRAL  EDUBLOGS en Medialab-Prado, Madrid , tivemos a sorte de poder escoitar o emocionante relatorio de  Jaume Josa Fenés   " Profe, tu cliente no te entiende. La comunicación en el colé”  , http://www.laescuelacoach.com   , escoitalo e reafirmarnos unha vez máis  que outra educación é posible. Emocionante desvirtualización de  Ana Municio ,  incansable, admirable e marabillosa. Este Blog presentouse na categoría de Mestres e Profesores:fun  a última en saír, os nervios e o agradecemento mesturábanse a partes iguais, alí xunto aos meus dous compañeiros premiados nesta categoría ( Sen) Lingua buxaina de prata  e SGAguilar  Javier Ramos   buxaina de bronce e  emocionada polas súas intensas palabras, non me esperaba recibir a buxaina de ouro. Co premio nas mans só puiden agradecer á organización o seu fermoso e enorme traballo, acordarme dos meus alumn@s , que son o motor do blog, deles, que son motivación en estado puro

V FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS

Como dende hai cinco anos o  IES  ÁS  BARXAS  PROXECTA o SEU FESTIVAL AUDIOVISUAL , un festival que nace do traballo e o esforzo dos alumn@s de Educación Plástica , onde contaron co apoio  de pais ,chegando a ser estes actores dirixidos polos seus propios fillos, contaron coa colaboración de profesores, compañeiros, tendas do pobo, do Creativo  Rialdarca  e o centro de saúde de  Moaña . O proxecto desenvólvese durante o segundo trimestre, necesita de moitas horas de traballo extra fora de horas de clase, este nace coa escritura dun guión, onde os alumn@s aprenden  cal  é a súa estrutura, teñen en conta todos os detalles necesarios para traballar no momento de filmar, así como un guión gráfico onde ilustrarán cada escena, aprenden a usar as cámaras, programas de edición, de retoque fotográfico, ou de animación  2D , incluído a difusión en REDE (blog, conta  you   tube  ,vimeo,  Facebook ..) Os alumn@s desenvolven destrezas onde se traballan distintas competencias, dende a comunicació

PREMIO OLLOBOI ANIMADO

Estes días case non teño tempo para actualizar o blog, estamos en obras, preparándoo todo para o noso festival audiovisual que como  dende fai xa cinco anos vimos celebrando  no  IES  ás  Barxas , pero esta noticia ben merece unha entrada,  un recoñecemento que nos dá novas forzas para seguir traballando con ilusión e entusiasmo , acabamos de gañar o  OLLOBOI  ANIMACIÓN por este  video  realizado polos alumnos de 2º de BACHARELATO de debuxo artístico. Prabéns nenos¡¡, e mil grazas á organización polo traballo realizado ,  como sempre excepcional. Olloboi un festival audiovisual escolar que é un referente en Galicia. http://leliadoura.com.es/olloboi/ganadores.php A xustiza pola man - Rosalía de Castro from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .