Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta OLLOBOI

NAS BARXAS " SOMOS CINE"

DEIXO AQUI A LIGAZÓN A TRES PROXECTOS AUDIOVISUAIS NOS QUE ANDAMOS ENREDAD@S NAS  BARXAS PROXECTO INTERCENTROS AUDIOVISUAL AI Mo.S.A 2022  co ALUMNADO 4 ESO, 1 ESO  VER LIGAZÓN :  https://sites.google.com/view/aimosa/ai-mo-s-a-2022 PROXECTO CARANGUEXO FILMS 2022:   Marea de curtas, marea de vidas  Despóis de dous anos de parón no IES AS BARXAS , teremos de novo un FESTIVAL DE CURTAS , un proxecto do alumnado de 4 da ESO, que este ano traballou a linguaxe audiovisual na aula de plástica, nesta materia levamos anos incorporando o uso do audiovisual na nosa programación anual, realizando tanto a análise desta linguaxe como realizando produtos audiovisuais , desde animacións , curtametraxes e vídeo creacións. Todos eles traballados en colaboración co departamento de Galego .e Música .  Contamos cunha produción de mais de 28 curtas e animacións , con temas como o Alzheimer , visibilizar a saúde mental, o bullying , a poesia , a soidade, a guerra, as mascul...

PREMIOS E MENCIÓNS 2020/21

Este curso foron varios os recoñecementos para o traballo do noso alumnado de ARTES O Sábado día 10 parque da Cachada o María Soliño recibiu un premio na  categoria “ Non Ficción”  do  prestixioso Festival  Olloboi , un Festival que é xa un referente no mundo audiovisual educativo en Galicia,  coa curta  "Cando rompe o mar “ de Alba  Camaño Villar , un traballo sobre as violencias machistas realizado na  materia de Cultura  Audiovisual que imparto actualmente no centro ,     quedando tamén finalistas tres traballos máis do alumnado de ARTES  na   categoria de Vídeo ARTE: "intolerancia" e    Sociedade S.A . De Lara  Boubeta   e "Estúpida " traballo de  Iris Fandiño na  categoria de  Olloboi comprometido , todos estes traballos  foron realizados para o proxecto “ OSOliño Violeta “, proxecto realizado dentro dos contratos programa convocados pola Xunta  https://sites.google.com/vi...

PREMIADOS NO FESTIVAL ESCOLAR GALEGO, OLLOBOI

Un capitulo máis da saga " A muller Lamprea " foi premiado co nomeamento ao mellor guión no certame AUDIOVISUAL ESCOLAR OLLOBOI  http://olloboi.com , un proxecto que naceu fai sete anos xunto á miña compañeira  Iria Collazo , autora do guión " Ariadna quere ser Teseo"  Tratase  dunha curta realizada polo alumnado de 4º ESO de Educación Plástica Visual e Audiovisual  que este ano presentan un novo Cápitulo no que a muller Lamprea afirma que "Non pode negar a súa sorte " por vivir entre nós a pesar de....este 22 ás cinco da tarde teredes que vir para sabelo ;)  Momentos de moita emoción vividos no Festival de referencia OLLOBOI   con Lia (protagonista da curta) E FINALISTAS EN POLO MENOS CATRO TRABALLOS