Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ÁLBUM ILUSTRADO

Sen medo a debuxar¡

  O  debuxo  é unha linguaxe en se mesmo,  comunica e transmite ideas........Ver entrada completa no blog do PROXECTO editorial  "ÁLBUM ILUSTRADO" Sen medo a debuxar¡ from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . #ElArteImporta O debuxo é unha linguaxe universal, unha ferramenta de coñecemento, un medio de expresión, unha forma de pensar. Debuxo:Inés Camaño Cámara :Xabier Zuñiga Música :Mmfff - Polychromatic Journey http://barxasemprendecreaciondeunaeditorial.blogspot.com.es

Premiados pola Fundación Amancio Ortega

Premio para un novo proxecto que levaremos a cabo no curso 2014-15 "creación dunha editorial" O ÁLBUM ILUSTRADO , un traballo interdisciplinar de economía (Pilo ) e educación plástica , no que participan catro centros que podedes ver no video de presentación do proxecto, con campañas de animación á lectura , música, tradución .. (Maria, Vero, Montse e Alfonso) Que imos facer en educación plástica? En economía créase a empresa e nós en plástica creamos o produto. A partir dun texto elaborado polos nosos alumnos , traballaremos a narrativa visual (o story ) , planificaremos o álbum, crearemos os personaxes e traballarán os meus alumnos con distintas técnicas de ilustración , da tradicional á dixital . Coñecerán todas as fases de creación do álbum incluída a realización da maqueta  Aprenderemos de distintos AUTORES ; ilustradores e escritores como Miguel Ángel Alonso.  Pero sobre todo darémoslle a importancia que se merece á ilustración dentro do álbum ilustrado , ...