Saltar ao contido principal

Premiados pola Fundación Amancio Ortega

Premio para un novo proxecto que levaremos a cabo no curso 2014-15 "creación dunha editorial"
O ÁLBUM ILUSTRADO , un traballo interdisciplinar de economía (Pilo ) e educación plástica , no que participan catro centros que podedes ver no video de presentación do proxecto, con campañas de animación á lectura , música, tradución .. (Maria, Vero, Montse e Alfonso)
Que imos facer en educación plástica?
En economía créase a empresa e nós en plástica creamos o produto.
A partir dun texto elaborado polos nosos alumnos , traballaremos a narrativa visual (o story ) , planificaremos o álbum, crearemos os personaxes e traballarán os meus alumnos con distintas técnicas de ilustración , da tradicional á dixital .
Coñecerán todas as fases de creación do álbum incluída a realización da maqueta 

Aprenderemos de distintos AUTORES ; ilustradores e escritores como Miguel Ángel Alonso.
 Pero sobre todo darémoslle a importancia que se merece á ilustración dentro do álbum ilustrado , entendéndoo como o que é, unha OBRA DE ARTE .
 Faremos exposicións e realizaremos un booktrailer previo coñecemento de distintas técnicas de animación , traballaremos coa realidade aumentada para enriquecer o libro máis aló dos seus propios límites .
Un traballo que compartiremos e documentaremos paso a paso no blog do proxecto e neste mesmo .







Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

Somos GAÑADORES nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016

 O proxecto audiovisual que realizamos  o ano pasado en Educación Plástica no IES as Barxas, e que implicou a gran parte da comunidade educativa,  acaba de recibir un premio  nacional.  Somos gañadores nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016,  na modalidade: MELLORES EXPERIENCIAS TIC, categoría: Mellor Proxecto TIC Audiovisual . Podes atopar o proxecto nesta páxina  http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes Premio  Innovación Educativa de SIMO Educación 2016 Recollendo o Premio en SIMO FOTO  @centro.juanmaria Ligazóns sobre o proxecto    EDUCACIÓN 3.0  http://www.educaciontrespuntocero.com/convocatorias/ganadores-la-iv-edicion-los-premios-simo-educacion/39874.html INNOVACIÓN EDUCATIVA FUNDACIÓN TELEFÓNICA  https://innovacioneducativa.fundaciontelefonica.com/blog/2016/10/17/superheroes-y-superheroinas-alumnado-comunicando-concienciando-y-emocionando/ ...