Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PoetizARTE

CREACIÓN DUN VIDEO-POEMA NA HORA DE LER

O IES as Barxas ten dentro das súas prácticas educativas coordinadas polo equipo da biblioteca e incluídas no seu Proxecto Lector de Centro a "hora de ler" ,  trátase dun tempo mínimo, dedicado á lectura, unha hora á semana nas nosas aulas dedicámolo a ler. En educación plástica realizamos este "video-poema" na nosa “hora de ler”, recitamos o poema de celso Emilio, e o resultado é unha mestura de música , voces e animaciones sobre un muro, coma se fose un mural " street -art" . A Vídeo creación poética na que as imaxes, a música e a voz desprenden sensacións e emocións é un proxecto comezado no aula de plástica o ano pasado dunha forma experimental , onde mesturamos a linguaxe audiovisual, a edición e a creación de videos ou animacións co acto da ler. O feito de gravar a lectura , sérvenos para prestar máis atención ao que se le, e que sexa o mesmo poema para todo o grupo  dálle máis forza, transmitindo así unha maior carga emocion...

PoetizARTE

A  Interdisciplinariedade  é necesaria. PoetizARTE,  é o novo proxecto froito da mestura de Normalización lingüística que nace e se desenvolve grazas a forza e ou entusiasmo de Iria Collazo (sempre implicada e creativa na súa tarefa dinamizadora) e educación plástica , este vídeo está realizado para a Biblioteca do noso centro que este ano rende homenaxe ao celebre poeta do mar BERNADINO GRAÑA nacido en Cangas do Morrazo en 1932. O poema de Bernardino Graña está interpretado por Gael Villar un alumno do noso ies as Barxas , de 2º de Bacharelato , alumno sempre disposto a colaborar con proxectos audiovisuais porque para  el o  ser creativo é unha necesidade ...como ten que ser cando se ten madeira de artista Sen sombra e sen amor Bernardino Graña [Escolma] Que non o saiba o vento namorado (Nos días do desastre do petroleiro Prestige) QUE NON 0 SAIBA 0 VENTO namorado que vai agarimando, unha a unha, as praias. Non é siroco, ningún vento se...