Saltar ao contido principal

PoetizARTE

Interdisciplinariedade é necesaria.

PoetizARTE, 
é o novo proxecto froito da mestura de Normalización lingüística que nace e se desenvolve grazas a forza
e ou entusiasmo de Iria Collazo(sempre implicada e creativa na súa tarefa dinamizadora) e educación plástica , este vídeo está realizado para a Biblioteca do noso centro que este ano rende homenaxe ao celebre poeta do mar BERNADINO GRAÑA nacido en Cangas do Morrazo en 1932.
O poema de Bernardino Graña está interpretado por Gael Villar un alumno do noso ies as Barxas , de 2º de Bacharelato , alumno sempre disposto a colaborar con proxectos audiovisuais porque para  el o  ser creativo é unha necesidade ...como ten que ser cando se ten madeira de artista

Sen sombra e sen amor
Bernardino Graña
[Escolma]
Que non o saiba o vento namorado
(Nos días do desastre do petroleiro Prestige)

QUE NON 0 SAIBA 0 VENTO namorado
que vai agarimando, unha a unha, as praias.
Non é siroco, ningún vento seco
o que nos ceifa a vida dos pequenos,
o que arrasa as casoupas, o que rouba
as forzas das mulleres entregadas
ao diario labor, o que desgarra
as carnes das nacións sacrificadas
en aras do progreso da falacia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...