Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta COMO HACER UN CORTO

Hangout co CEIP de Canosa, PROXECTO AUDIOVISUAL

Este luns 13  tivemos a honra de establecer VÍDEO conexión co C.E.I.P. de Canosa  en Coristanco-Coruña. Neste encontro  os nosos alumnos e alumnas falaron sobre a súa   experiencia no  mundo audiovisual  cos nenos de 1º - 3º - 5º - 6º de Educación Primaria e  5º de Educación Infantil que fixeron  preguntas moi interesantes, aínda que tivemos algún problema co son conseguimos realizar a conexión con éxito.   Unha experiencia moi enriquecedora para todos.  Esta  iniciativa realizouse  grazas a unha proposta de Diego López,  e parte do  marabilloso proxecto de biblioteca  "De espectadores a protagonistas"que se está desenvolvendo no seu centro.   VER  vídeo no seu BLOGUE  : http://bibliocanosa.blogspot.com.es/2017/02/aprendemos-con-luz-beloso-e-o-seu.html#more

El efecto Kuleshov

A montaxe  é moi importante na construción  dunha historia .  Combinando o mesmo rostro con distintas fotos ao montalo con outras imaxes diferentes adquire novos significados,  o realmente importante, n on é o contido dos planos, senón a maneira de combinalos . VER ENLACE  https://youtu.be/OsKi3K5QTao Esta avaliación os meus alumnos e alumnas , tiveron que planificar , investigar , experimentar e finalmente e xplicar nun vídeo (en apenas tres sesións) en que consiste o efecto Kuleshov. Este é o resultado: O tutorial esta filmado co móbil, unha ferramenta cada vez máis, imprescindible na nosa aula. El Efecto Kuleshov from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . video educación, formación, education, arts , EDUCACIÓN PLÁSTICA Y AUDIOVISUAL as BARXAS, profesor Luz Beloso, http://educortos.blogspot.com.es EMPEZAMOS ca nosa produción con moito ánimo,   Caranguexo films volve este curso.

CURTAMETRAXE EXPRESS. UNHA DE ZOMBIES

Proxecto  educaBarrié  "Un artista na escola" CURTAMETRAXE EXPRESS:  Planificar e rodar unha curtametraxe nunhas poucas horas. Os alumn@s de 3ºESO rodaron a curta nunha hora co método multicámara que lles ensinou  Simón , tratábase de crear unha historia dun minuto que ao  final foron catro. Despois da marcha de  Simón Vázquez  tocábanos  editar  e isto  é o que se lle ocorreu aos meus alumn@s de 3º ESO na     súa primeira curtametraxe .  Quizais algún dos nosos artistas  siga o camiño de  Simón . http://educortos.blogspot.com.es/search/label/Simón%20Vázquez

RODAR UNHA CURTAMETRAXE NUN TEMPO LIMITADO

PROXECTO: UN ARTISTA NA ESCOLA,  EDUCABARRIÉ ARTISTA :SIMÓN  VÁZQUEZ Este vídeo é un resumo da experiencia realizada con  Simón  aplicada a 3º da ESO , contén dende a "máster  class" , entrevista a  Simón e  a selección de guións.  Todo o proceso de rodar a nosa "curta  express"  pódese ver en apenas 30 minutos, paga a pena escoitalo, estes dous días os alumn@s e  a profesora   aprenderon MOITO. Máster Class impartida por Simón Vázquez http://educortos.blogspot.com.es/2015/04/simon-vazquez-un-artista-na-escola-no.html

Simón Vázquez , "Un artista na escola" no IES as Barxas

  Estes días traballamos no proxecto " Un  artista  na   escola" , organizado por   educaBarrié .  O  noso  artista :   Simón Vázquez,  gañador do prestixioso premio "  Mestre Mateo "  por " Man Fred, home sen paz " "PAIXÓN polo que un fai..  facer que o teu traballo non sexa un traballo ..", todos poñiamos atención nas palabras de   Simón .... Nos primeiros minutos desta experiencia  Simón  gañou o cariño, a admiración e a emoción dos meus alumnos/ás ao escoitalo. Simón non só foi moi xeneroso compartindo coñecementos, recursos propios e máis tempo do previsto connosco, ofreceuse mesmo a realizar un seguimento da actividade xa posta en marcha na aula. Os alumnos de 3º ESO carecían nun principio de coñecementos previos en canto a linguaxe audiovisual, pero o entusiasmo e o interese espertado polo noso artista durante estes dous días,converteunos  en; directores, actores, guionistas, cámaras, p...

Consellos para editar un video

Déixovos aquí uns consellos para editar os vosos videos.  Recordar, o máis importante é ter claro o que queredes contar.  Para ver máis recursos ir ao enlace do blog do noso proxecto interdisciplinar de economía e plástica , ver ENLACE

Creación dun proxecto audiovisual

Nunha primeira fase do proxecto "creación dunha productora audiovisual para o IES as Barxas" empezaremos co estudo da linguaxe cinematográfica, planos, ángulos, encadre... Antes de realizar o noso proxecto debemos ser conscientes das nosas limitacións, un gran número de alumn@s que queremos coordinar , pouco tempo apenas dúas horas á semana, tanto en TIE como en educación plástica , necesitaremos usar o enxeño e aproveitar ao máximo os recursos que temos .  Os escenarios son limitados nun instituto, por iso queremos un croma, para viaxar a outros mundos como di Juan ,e xa é hora de crear un informativo novo, fresco e divertido, unha mirada vosa  ao mundo que vos rodea, noticias de dentro e de fóra do instituto.  Neste video participaron alumn@s de TIE ,de plástica, e o incondicional grupo de alumn@s que acode todos os recreos ao aula de plástica e que saben que esta sempre será a súa aula , un espazo para dar vida e forma aos seus sonos.  QUE NECESITAMOS? Video...

Obradoiro de comunicación audiovisual, Xan Leira

Este ano en 4º da ESO  temos a sorte de que o director e produtor de cine Xan Leira ,( responsable do canle Linguagalega.tv ) imparta en plástica un obradoiro de comunicación audiovisual , unha sorte que debemos aproveitar nen@s.  Este pdf é de Xan,( necesitádelo  para seguir o obradoiro)    Pódese descargar  aquí . Obradoiro de comunicación audiovisual View more documents from Edu Plástica PARA VER A CANLE DE TV , FAI CLICK NA IMAXE