xoves, 24 de xaneiro de 2013

Creación dun proxecto audiovisual

Nunha primeira fase do proxecto "creación dunha productora audiovisual para o IES as Barxas" empezaremos co estudo da linguaxe cinematográfica, planos, ángulos, encadre...
Antes de realizar o noso proxecto debemos ser conscientes das nosas limitacións, un gran número de alumn@s que queremos coordinar , pouco tempo apenas dúas horas á semana, tanto en TIE como en educación plástica , necesitaremos usar o enxeño e aproveitar ao máximo os recursos que temos . 
Os escenarios son limitados nun instituto, por iso queremos un croma, para viaxar a outros mundos como di Juan ,e xa é hora de crear un informativo novo, fresco e divertido, unha mirada vosa  ao mundo que vos rodea, noticias de dentro e de fóra do instituto. 
Neste video participaron alumn@s de TIE ,de plástica, e o incondicional grupo de alumn@s que acode todos os recreos ao aula de plástica e que saben que esta sempre será a súa aula , un espazo para dar vida e forma aos seus sonos.

 QUE NECESITAMOS?



  • Videocámaras
  • Trípodes, moi necesarios para unha maior calidade na composición dos planos.
  • Micrófono Exterior , Direccional
  • Alargo para conexión á rede
  •  Tarxetas SD
  • Focos 
  • Ordenador Persoal 
  •  Tamén necesitaremos software para a edición de vídeo, efectos visuales, retoque fotográfico, un editor de son
  •  E o croma¡¡
Antes de comezar a elaboración do noso PROXECTO é importante asignar a cada un dos membros do equipo unha función, xa sexa dentro do equipo artístico  ou do técnico.
Trátase dun traballo onde todo o mundo é necesario , é imprescindible coordinarse e planificar.
Juan cóntanos que pasos debemos seguir para facer un proxecto audiovisual  



ENTRADAS RELACIONADAS :http://educortos.blogspot.com.es/2013/01/as-barxas-emprendeproductora-audiovisual.html

BLOG DO PROXECTO http://productorabarxas.blogspot.com.es
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...