Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Un artista na escola

CURTAMETRAXE EXPRESS. UNHA DE ZOMBIES

Proxecto  educaBarrié  "Un artista na escola" CURTAMETRAXE EXPRESS:  Planificar e rodar unha curtametraxe nunhas poucas horas. Os alumn@s de 3ºESO rodaron a curta nunha hora co método multicámara que lles ensinou  Simón , tratábase de crear unha historia dun minuto que ao  final foron catro. Despois da marcha de  Simón Vázquez  tocábanos  editar  e isto  é o que se lle ocorreu aos meus alumn@s de 3º ESO na     súa primeira curtametraxe .  Quizais algún dos nosos artistas  siga o camiño de  Simón . http://educortos.blogspot.com.es/search/label/Simón%20Vázquez

RODAR UNHA CURTAMETRAXE NUN TEMPO LIMITADO

PROXECTO: UN ARTISTA NA ESCOLA,  EDUCABARRIÉ ARTISTA :SIMÓN  VÁZQUEZ Este vídeo é un resumo da experiencia realizada con  Simón  aplicada a 3º da ESO , contén dende a "máster  class" , entrevista a  Simón e  a selección de guións.  Todo o proceso de rodar a nosa "curta  express"  pódese ver en apenas 30 minutos, paga a pena escoitalo, estes dous días os alumn@s e  a profesora   aprenderon MOITO. Máster Class impartida por Simón Vázquez http://educortos.blogspot.com.es/2015/04/simon-vazquez-un-artista-na-escola-no.html

Simón Vázquez , "Un artista na escola" no IES as Barxas

  Estes días traballamos no proxecto " Un  artista  na   escola" , organizado por   educaBarrié .  O  noso  artista :   Simón Vázquez,  gañador do prestixioso premio "  Mestre Mateo "  por " Man Fred, home sen paz " "PAIXÓN polo que un fai..  facer que o teu traballo non sexa un traballo ..", todos poñiamos atención nas palabras de   Simón .... Nos primeiros minutos desta experiencia  Simón  gañou o cariño, a admiración e a emoción dos meus alumnos/ás ao escoitalo. Simón non só foi moi xeneroso compartindo coñecementos, recursos propios e máis tempo do previsto connosco, ofreceuse mesmo a realizar un seguimento da actividade xa posta en marcha na aula. Os alumnos de 3º ESO carecían nun principio de coñecementos previos en canto a linguaxe audiovisual, pero o entusiasmo e o interese espertado polo noso artista durante estes dous días,converteunos  en; directores, actores, guionistas, cámaras, p...