Estes días case non teño tempo para actualizar o blog, estamos en obras, preparándoo todo para o noso festival audiovisual que como dende fai xa cinco anos vimos celebrando no IES ás Barxas , pero esta noticia ben merece unha entrada, un recoñecemento que nos dá novas forzas para seguir traballando con ilusión e entusiasmo , acabamos de gañar o OLLOBOI ANIMACIÓN por este video realizado polos alumnos de 2º de BACHARELATO de debuxo artístico. Prabéns nenos¡¡, e mil grazas á organización polo traballo realizado , como sempre excepcional. Olloboi un festival audiovisual escolar que é un referente en Galicia. http://leliadoura.com.es/olloboi/ganadores.php A xustiza pola man - Rosalía de Castro from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .
SOMOS CINE & EDUCACIÓN