Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PREMIO OLLOBOI

NAS BARXAS " SOMOS CINE"

DEIXO AQUI A LIGAZÓN A TRES PROXECTOS AUDIOVISUAIS NOS QUE ANDAMOS ENREDAD@S NAS  BARXAS PROXECTO INTERCENTROS AUDIOVISUAL AI Mo.S.A 2022  co ALUMNADO 4 ESO, 1 ESO  VER LIGAZÓN :  https://sites.google.com/view/aimosa/ai-mo-s-a-2022 PROXECTO CARANGUEXO FILMS 2022:   Marea de curtas, marea de vidas  Despóis de dous anos de parón no IES AS BARXAS , teremos de novo un FESTIVAL DE CURTAS , un proxecto do alumnado de 4 da ESO, que este ano traballou a linguaxe audiovisual na aula de plástica, nesta materia levamos anos incorporando o uso do audiovisual na nosa programación anual, realizando tanto a análise desta linguaxe como realizando produtos audiovisuais , desde animacións , curtametraxes e vídeo creacións. Todos eles traballados en colaboración co departamento de Galego .e Música .  Contamos cunha produción de mais de 28 curtas e animacións , con temas como o Alzheimer , visibilizar a saúde mental, o bullying , a poesia , a soidade, a guerra, as mascul...

PREMIADOS NO FESTIVAL ESCOLAR GALEGO, OLLOBOI

Un capitulo máis da saga " A muller Lamprea " foi premiado co nomeamento ao mellor guión no certame AUDIOVISUAL ESCOLAR OLLOBOI  http://olloboi.com , un proxecto que naceu fai sete anos xunto á miña compañeira  Iria Collazo , autora do guión " Ariadna quere ser Teseo"  Tratase  dunha curta realizada polo alumnado de 4º ESO de Educación Plástica Visual e Audiovisual  que este ano presentan un novo Cápitulo no que a muller Lamprea afirma que "Non pode negar a súa sorte " por vivir entre nós a pesar de....este 22 ás cinco da tarde teredes que vir para sabelo ;)  Momentos de moita emoción vividos no Festival de referencia OLLOBOI   con Lia (protagonista da curta) E FINALISTAS EN POLO MENOS CATRO TRABALLOS

Premio ZAMBURRIOI

Este fin  de semana foron os premios OLLOBOI ¡¡ E no  IES as Barxas estamos FELICES, este ano conseguimos o premio ZAMBURRIOI, concedido  a traxectoria audiovisual do noso centro educativo, e a participación dá nosa  comunidade educativa.  O certo é que entre música e educación plástica este ano enviamos 27 vídeos, deixo aquí a ligazón: https://2016.olloboi.com/school/show/36018999 Moitos parabéns ás miñas alumnas/os e aos de música polo voso entusiasmo e traballo. https://2016.olloboi.com/premios Olloboi  é unha referencia para o audiovisual escolar Galego, trá tase dunha iniciativa que parte de profesores de educación secundaría, aos que lles estamos moi agradecidos dada a falta de concursos  neste ámbito en Galicia . Grazas polo voso traballo desinteresado , e por motivarnos cada ano ao convidarnos a participar ¡ NOTICIA FARO DE VIGO : ENLACE VER  LIGAZÓN  https://www.youtube.com/user/eduplastica1...

PREMIO OLLOBOI ANIMADO

Estes días case non teño tempo para actualizar o blog, estamos en obras, preparándoo todo para o noso festival audiovisual que como  dende fai xa cinco anos vimos celebrando  no  IES  ás  Barxas , pero esta noticia ben merece unha entrada,  un recoñecemento que nos dá novas forzas para seguir traballando con ilusión e entusiasmo , acabamos de gañar o  OLLOBOI  ANIMACIÓN por este  video  realizado polos alumnos de 2º de BACHARELATO de debuxo artístico. Prabéns nenos¡¡, e mil grazas á organización polo traballo realizado ,  como sempre excepcional. Olloboi un festival audiovisual escolar que é un referente en Galicia. http://leliadoura.com.es/olloboi/ganadores.php A xustiza pola man - Rosalía de Castro from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .

Gañadores de dous premios no prestixioso festival audiovisual OLLOBOI 2014

Somos gañadores de dous premios no prestixioso festival audiovisual OLLOBOI 2014   http://olloboi.com Un festival orientado ó ámbito escolar e aberto a producións non profesionais , un proxecto altruísta e comprometido , grazas ao seu marabilloso traballo os meus alumn@s disfrutaron, ilusionaron e motivaron e a profe cargouse de enerxía para traballar con máis forza que nunca,  GRAZAS¡ Os premios recibidos son : MELLOR OLLOBOI ESCOLAR por ALICIA ,  proxecto interdisciplinar dos departamentos de educación plástica e música , baseado nun guión escrito por Iria Collazo e realizado o ano pasado polos meus alumn@s de educación plástica de 4º ESO e os alumn@s de 1º Bach de música,  no que se implicaron moitos profesor@s do IES as Barxas demostrando todos un gran talento na interpretación.   Traballamos distintas técnicas de animación, 2D , stop motion,     efectos especias,un proxecto dirixido, rodado e editado...

STOP MOTION ADRIÁN MARTINEZ 1º BACH, PREMIO OLLOBOI , MELLOR CURTA ESCOLAR 2011

PREMIO ESCOLAR OLLOBOI 2011 O video stop motion feito este curso en plástica por Adrian , premiado por OLLOBOI .mellor curta escolar 2011