Saltar ao contido principal

Premio ZAMBURRIOI

Este fin  de semana foron os premios OLLOBOI ¡¡
E no IES as Barxas estamos FELICES, este ano conseguimos o premio ZAMBURRIOI, concedido  a traxectoria audiovisual do noso centro educativo, e a participación dá nosa  comunidade educativa.

 O certo é que entre música e educación plástica este ano enviamos 27 vídeos, deixo aquí a ligazón:https://2016.olloboi.com/school/show/36018999

Moitos parabéns ás miñas alumnas/os e aos de música polo voso entusiasmo e traballo.

https://2016.olloboi.com/premios


Olloboi é unha referencia para o audiovisual escolar Galego, trátase dunha iniciativa que parte de profesores de educación secundaría, aos que lles estamos moi agradecidos dada a falta de concursos  neste ámbito en Galicia .


Grazas polo voso traballo desinteresado , e por motivarnos cada ano ao convidarnos a participar ¡


NOTICIA FARO DE VIGO :ENLACE




Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...