Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

JAKE AS VIOLENCIAS MACHISTAS

Estreamos produtora "OSOliño films" (un proxecto do meu alumnado de Cultura Audiovisual  do IES Maria Soliño)  con esta videocreación para o  # 25N  . Fotos da expo "JAKE"ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS e poemas de Isabel Blanco. .  Iria Collazo López  e  Diego Seixo  . "JAKE " ás violencias machistas from OSOliño Films on Vimeo . No IES María Soliño, reivindicamos o día dá Violencia de Xénero cunha serie de actos e exposicións, poesía visual, Haikus, performances, accións artísticas, murais e un longo etc que repatimos ao longo dá semana do #25 N, aqui deixo esta web que recolle un pouco o que se fixo . Moito profesorado implicado e comprometido, así dá gusto traballar.  https://luzbelos7.wixsite.com/jakeomachismo  (Aínda podedes ver a exposición de poesía visual esta semana ,  as fotos do alumnado de cultura Audiovisual terá a súa réplica no auditorio de Cangas) e # galiciaennegro   # ennegro2019 # contraasviolencias   # somosARTEnoMorrazo VER WEB PRO

20 N, TRÁNSITO

No IES María Soliño  proxectamos no salón de actos TRÁNSITO o  # 20N   #díadamemoriaTRANS . Un documento que recolle as testemuñas de rapaces e rapazas trans . Elxs son Luz na oscuridade. O traballo pode verse en   https://educortos.blogspot.com/2019/05/persoa.html E Compartiremos emociòns co grupo de Incomodxs e rebeldes do IES as Barxas , capitaneado por Dennis Vicente .   Mil grazas sempre aos protagonistas de TRÁNSITO pola súa xenerosidade. Por todas as persoas que pola súa identidade e expresión de xénero sufriron e/ou perderon a vida.  # educacion   # ORGULLO   # diversidade   # IESMariaSoliño   # tránsito https://educortos.blogspot.com/2019/11/20-n-transito.html No evento  contamos ca xenerosidade de  Hugo Ferreiro , el é un dos protagonistas do documento “tránsito”  , un traballo que xorde da súa visita  a  comezo do curso pasado  nas aulas do  IES  as  Barxas,   para compartir e aprender co alumnado  poñendo a súa mirada  neste proxecto na real