Saltar ao contido principal

JAKE AS VIOLENCIAS MACHISTAS

Estreamos produtora "OSOliño films" (un proxecto do meu alumnado de Cultura Audiovisual  do IES Maria Soliño)  con esta videocreación para o #25N . Fotos da expo "JAKE"ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS e poemas de Isabel Blanco. . Iria Collazo López e Diego Seixo .




"JAKE " ás violencias machistas from OSOliño Films on Vimeo.


No IES María Soliño, reivindicamos o día dá Violencia de Xénero cunha serie de actos e exposicións, poesía visual, Haikus, performances, accións artísticas, murais e un longo etc que repatimos ao longo dá semana do #25 N, aqui deixo esta web que recolle un pouco o que se fixo . Moito profesorado implicado e comprometido, así dá gusto traballar. https://luzbelos7.wixsite.com/jakeomachismo (Aínda podedes ver a exposición de poesía visual esta semana , as fotos do alumnado de cultura Audiovisual terá a súa réplica no auditorio de Cangas) e#galiciaennegro #ennegro2019#contraasviolencias #somosARTEnoMorrazo

VER WEB PROXECTO https://luzbelos7.wixsite.com/jakeomachismo















Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...