Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2013

RITMO DE STOP MOTION

" Ritmo de stop motion " é un video que tiña pendente publicar , son prácticas soltas  que os meus alumn@s realizaron para educación plástica e que quedaron esquecidas na marea de cartafois que teño no meu ordenador. Aproveito para enlazar recursos sobre como facer unha animación stop motion  . Pódela facer co sinxelo editor de video movie maker para WINDOWS:  VER  ENLACE  Co editor Imovie para MAC:  VER ENLACE WINDOWS e MAC: monkey jam - Frame by frame I CAN ANIMATE para WINDOWS  -   MAC .    CO TELÉFONO CELULAR, TABLETS.. ENLACE 1   ENLACE 2 IPAD   ENLACE Para saber como viven os alumn@s o proceso de creación :VER ENLACE .

CREACIÓN DUN VIDEO-POEMA NA HORA DE LER

O IES as Barxas ten dentro das súas prácticas educativas coordinadas polo equipo da biblioteca e incluídas no seu Proxecto Lector de Centro a "hora de ler" ,  trátase dun tempo mínimo, dedicado á lectura, unha hora á semana nas nosas aulas dedicámolo a ler. En educación plástica realizamos este "video-poema" na nosa “hora de ler”, recitamos o poema de celso Emilio, e o resultado é unha mestura de música , voces e animaciones sobre un muro, coma se fose un mural " street -art" . A Vídeo creación poética na que as imaxes, a música e a voz desprenden sensacións e emocións é un proxecto comezado no aula de plástica o ano pasado dunha forma experimental , onde mesturamos a linguaxe audiovisual, a edición e a creación de videos ou animacións co acto da ler. O feito de gravar a lectura , sérvenos para prestar máis atención ao que se le, e que sexa o mesmo poema para todo o grupo  dálle máis forza, transmitindo así unha maior carga emocion