Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PREMIO "NO TE CORTES"

Premiados polo certamen de curtametraxes xuvenil "no te cortes"

Esta   mañá chegoume un correo cunha estupenda noticia, o certamen de curtametraxes x uvenil "no te cortes" premiou dous  traballos que fixemos o curso pasado: Mellor Calidade Artística Tempo de Samain  : http://educortos.blogspot.com.es/search/label/TEMPO%20DE%20SAMAÍN Mención á Mellor Actriz  Ariadna Ortíz por Afastados http://educortos.blogspot.com.es/2013/06/afastados-un-proxecto-interdisciplinar.html Coincidindo coa semana do Día da Infancia, a Fundación Germán Sánchez Ruipérez e a Fundación VOCES para a Conciencia e o Desenvolvemento, co apoio da Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura, presentan o palmarés da VII Edición do Certamen de Curtometraxes Xuvenil ¡Non te cortes!, a entrega de premios terá lugar o vindeiro luns 18 de novembro da man do actor Eloy Azorín no Auditorio da Fundación Germán Sánchez Ruipérez-Casa do Lector a partir das 18:00h Trátase dunha iniciativa que constitúe un...

"MALDITO ESPEJO"

Este curso os meus alumn@s de 1º Bach de debuxo artístico e Noelia Riobó, contando coa participación dos alumnos de 3º ESO : Nicolás e Juan , crearon unha curta de casi 30 minutos. En "MALDITO ESPEJO" vense reflectidos os distintos trastornos da alimentación a partir dun guión  elaborado por unha enfermeira especializada en saúde mental Rosa Mº Diaz Beloso, responsable da unidade de agudos do Meixoeiro, VIGO, contamos coa súa colaboración, tanto física, no propio proxecto, como para documentalo. Os alumn@s fan un story (Ana Gil), dirixen (Ángel Currás) , gravan (Eva) editan (Ángel) e actúan (Melania Álves, Melanie Pequeño ,Noelia, Ángel......), cun estudo previo dos planos, ángulos ,encadre , movementos da cámara, montaxe ..etc Traballamos , con programas de edición de video , son para as voces en off , cos problemas que ten gravar cunha cámara de fotos.  Pero sobre todo  neste tipo de proxectos  fomentase o traballo en equipo e o compromiso do grupo. ...

Mención especial polo traballo de creación audiovisual no IES as Barxas. Moaña, Pontevedra

Hoxe recibimos no noso centro un lote de libros , un premio concedido polo concurso de curtos " notecortes" certame de curtametraxes  celebrado en Salamanca, cidade á que lle teño un agarimo especial, nela pasei cinco anos da miña vida , estudando o que máis me gusta " Pintura", e que emoción ver que os cines Van Dyck colaboran neste proxecto( cantas tardes pasei vendo os seus estupendos ciclos de cine sobre pintores).  Durante os días 6 e 7 de xuño ás 18h proxectaranse os curtos presentados nas súas salas , que pena non poder estar alí , en fín, un pedacito do IES as Barxas estará eses días en Salamanca. GRAZAS por este recoñecemento . http://www.concursonotecortes.es/ " Mención especial por el trabajo de creación audiovisual en la escuela IES As Barxas. Moaña, Pontevedra Ganadores de un lote de libros Todos estos datos y otras informaciones sobre el certamen pueden consultarse en su  web . Los vídeos, por su parte, están todos disponibles en el  ca...