Saltar ao contido principal

Premiados polo certamen de curtametraxes xuvenil "no te cortes"

Esta  mañá chegoume un correo cunha estupenda noticia, o certamen de curtametraxes xuvenil "no te cortes" premiou dous  traballos que fixemos o curso pasado:

Mellor Calidade Artística

Tempo de Samain :



Mención á Mellor Actriz Ariadna Ortíz por Afastados



Coincidindo coa semana do Día da Infancia, a Fundación Germán Sánchez Ruipérez e a Fundación VOCES para a Conciencia e o Desenvolvemento, co apoio da Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura, presentan o palmarés da VII Edición do Certamen de Curtometraxes Xuvenil ¡Non te cortes!, a entrega de premios terá lugar o vindeiro luns 18 de novembro da man do actor Eloy Azorín no Auditorio da Fundación Germán Sánchez Ruipérez-Casa do Lector a partir das 18:00h

Trátase dunha iniciativa que constitúe un referente a nivel nacional para todos aqueles mozos de entre 12 e 22 anos, de calquera nacionalidade, que estean matriculados en institutos de Educación Secundaria, Centros Integrados de Formación Profesional e centros docentes autorizados, que impartan Ciclos Formativos de Grado Medio e Grado Superior; así como calquera adolescente de idade comprendida na citada franxa, con inquietudes creativas relacionadas co mundo audiovisual.(Ver máis)








AFASTADOS from Edu Plástica on Vimeo.

Tempo de Samaín from Edu Plástica on Vimeo.

VER MÁIS:
  1. http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-244521-el-certamen-juvenil-no-te-cortes-premia-tres-cortometrajes-alumnos-as-barxas.html
  2. http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2013/11/21/as-barxas-viaja-madrid-recoger/918207.html
  3.  https://www.youtube.com/watch?v=F-fBCIOsiSo
  4. https://www.youtube.com/watch?v=r7Hg08K_tYw





Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2026/27

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso !  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...

Somos GAÑADORES nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016

 O proxecto audiovisual que realizamos  o ano pasado en Educación Plástica no IES as Barxas, e que implicou a gran parte da comunidade educativa,  acaba de recibir un premio  nacional.  Somos gañadores nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016,  na modalidade: MELLORES EXPERIENCIAS TIC, categoría: Mellor Proxecto TIC Audiovisual . Podes atopar o proxecto nesta páxina  http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes Premio  Innovación Educativa de SIMO Educación 2016 Recollendo o Premio en SIMO FOTO  @centro.juanmaria Ligazóns sobre o proxecto    EDUCACIÓN 3.0  http://www.educaciontrespuntocero.com/convocatorias/ganadores-la-iv-edicion-los-premios-simo-educacion/39874.html INNOVACIÓN EDUCATIVA FUNDACIÓN TELEFÓNICA  https://innovacioneducativa.fundaciontelefonica.com/blog/2016/10/17/superheroes-y-superheroinas-alumnado-comunicando-concienciando-y-emocionando/ ...