Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Audiovisual As Barxas

PERSOA e TRÁNSito

O exalumno Hugo Ferreiro González visitou a comezo de curso a aula de plástica para compartir e aprender. Grazas a el puxemos a mirada na realidade TRANS e sentimos a necesidade de visibilizar, compartir, e educar para educarnos, traballando na diversidade para a igualdade e loitando sempre polo dereito a SER Este ano o festival audiovisual  "Caranguexo Films" vai ser diferente, estrearanse os proxectos paralelamente no salón de actos para o noso alumnado do IES  as  Barxas, e para todo aquel que queira velo  online nas ligazóns de  you tube que deixo  aquí.  https://www.youtube.com/playlist?list=PLHSljiEP5S0jay4m26P2qr03ZhkRXwpnT Para un dos proxectos "TRÁNSito "  contamos ca Música orixinal do Conservatorio  Superior de Música de Vigo "Persoa" , é unha curta baseado nas propias experiencias de Hugo Ferreiro , reinterpretado polo alumnado de 4 ESO. ALUMNADO de PLÁSTICA as BARXAS de 4º ESO C Guión : ...

RECOÑECEMENTO: ARIADNA ES TESEO

RECOÑECEMENTO:  ARIADNA ES TESEO   IV Edición del Festival Internacional de Cine de la No-violencia Activa 2018 A seleccionada que aspira a galardón é a curta realizada por alumnado 4º ESO de Educación Plástica baixo cordinación da profesora Luz Beloso e con guión de Iria Collazo, na que participaron Noa Táboas, Rubén Ballesteros, Iván Maestú, Lía Fernández, Raquel Pastoriza, Inés Padín , Cynthia González, Nerea  de Castro, Samuel Ríos.  A nosa heroína loita acotío co Minotauro! http://www.festivalcinenoviolencia.org/ind ex.php/edicionesfic/iv-ficnova-2018/finalistas-2018

SOMOS A NOSA MEMORIA

Xa temos a WEB co proxecto Audiovisual as Barxas "Somos a nosa memoria "¡¡¡ con 11 curtas...e aínda falta por subir "a muller Lamprea"..en proceso estamos. En Educación Plástica cada novo curso traballamos creando distintos produtos audiovisuais que viran sempre ao redor dun tema. A motivación deste ano é "A MEMORIA”; trátase de guións realizados partindo dos recordos e a memoria dos nosos avós e avoas de Moaña. A memoria conéctanos cas vivencias da alma, cos cimentos do noso día a  día. Este evento é unha homenaxe a todas e todos eles.   https://luzbelos.wixsite.com/somosanosamemoria     # SOMOSCINE   # cineyeducación   # caranguexoFilms https://luzbelos.wixsite.com/somosanosamemoria Das 12 curtametraxes vou deixar estas dúas, o resto pódense ver entrando na web , xunto co making , o vídeo do festival e a galería de imaxes, ademais dunha explicación do proceso deste proxecto. Un proxecto no que levamos traballando todo este curso en 4...

VIII FESTIVAL AS BARXAS "Somos a nosa memoria"

Desde hai 8 anos, en Educación Plástica no IES as BARXAS traballamos creando distintos produtos audiovisuais que viran sempre ao redor dun tema. A motivación deste ano é "A MEMORIA”; trátase de guións realizados partindo dos recordos e a memoria dos nosos avós e avoas de Moaña. A memoria conéctanos cas vivencias da alma, cos cimentos do noso día a día. Este evento é unha homenaxe a todas e todos eles. A nosa produtora audiovisual ( Caranguexo Films), na que xa parti cipa toda a comunidade educativa, culmina cun festival audiovisual no que se estrean este ano 12 curtas e animacións, producidas, gravadas e editadas polo alumnado. Como novidade contaremos de agora en diante cunha nova sección,  # somosVioleta  que consiste en “3 curtametraxes que loitan contra as violencias Machistas". Todos os traballos desta sección están realizados, gravados e editados exclusivamente co móbil . As curtas que se van proxectar son: "FORTEM "  Algúns actos de ...

PREMIO por "teño medo as palabras" no Festival Audiovisual "O Museo de Pontevedra en curtametraxes

Noticia ¡¡¡¡¡¡, onte o meu alumnado de 3 ESO de Educación Plástica Visual e Audiovisual , recibiu o segundo premio dotado con 1.000 euros, na categoría alevín, no I Festival "O Museo de Pontevedra en curtametraxes", cuxos galardóns entregáronse onte en Pontrevedra, coa animación " Teño medo as palabras". que dá vida ao marabilloso poema do gran escritor e poeta   Miguel Ángel Alonso Diz  , e que poderedes ver no noso xa VIII Festival Audiovisual  # CaranguexoFilms  , na sección "Animación para concienciar " ca serie "MIGRANTES "  # somoscine # cineyeducación   # asFronteirasMatan   # LasFronterasMatan http://www.farodevigo.es/…/ies-as-barxas-segun…/1848077.html .

+ ARTE no VII FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS

Este curso en 4º da ESO o alumnado de Plástica realizou 7 CURTAS cun nexo común, todas parten dunha obra de ARTE, a partir da cal desenvolveron unha historia de transcendencia social. ​ ​​  Ademais contamos cunha nova sección no FESTIVAL AUDIOVISUAL: " ANIMACIÓN para CONCIENCIAR" . Porque a animación é ARTE en MOVEMENTO que serve para imaxinar, crear mundos posibles ou imposibles, expresar, concienciar e este ano en concreto para reflexionar sobre a doazón de órganos ou os hábitos pouco saudables, como o do tabaco. Estas creacións son froito do traballo do alumnado nas novas materias creadas este curso no IES as Barxas: 1º BACH con IMAXE EN MOVEMENTO e ANIMACIÓN para 2º BACH. ​​As ganas de seguir aprendendo, motivando, emocionando e revolucionando desde a creatividade son o noso motor. ​   O proxecto AUDIOVISUAL “CARANGUEXO FILMS” parte da área de Educación Plástica e Audiovisual do IES as Barxas e implica a toda a nosa comunidade educativa. Naceu non só co ...

Banco de sons

Banco de sons con máis de 50 tracks creados polo alumnado de 4º ESO de Educación Plástica para utilizalos no seu proxecto audiovisual , a creación de recursos libres de dereitos forma parte do proceso creativo na elaboración das suas curtas.

NAUFRAXIO

Xa empezamos a rodar o noso proxecto audiovisual  en 4º ESO , non sen antes preparalo todo.  Aquí quédavos a elaboración dun trípode para móbiles  realizado para as panorámicas e os travelings  da nosa rodaxe , agora os movementos de cámara serán moito máis controlados. Antes de empezar con esta aventura tivemos que inventar un pouco, fixemos unha especie de trípodes móbiles.  O primeiro é unha especie de cadrado feito con tubos, sobresaen 3: un en vertical para o micrófono, e dous en horizontal para a Go-Prol e outro para o móbil onde ves a imaxe que se reproduce na Go-Prol. O segundo consta de dous tubos xuntos e encima destes vai unha base que se despraza, aí iría a cámara, Go-Prol ou móbil. Yago ,Alba, Luisni, Adri e Andrés de 4ºESO Educación Plástica Visual e Audiovisual Aquí deixamos a ligazón ao noso diario de RODAXE  NAUFRAXIO  https://caranguexofilms.blogspot.com.es/search/label/Naufragio   

"CINEMA E ARTE "

 Con máis de 6 anos de continuidade o AUDIOVISUAL as Barxas     enfoca este novo curso o  proxecto audiovisual   á ARTE  . "CINEMA E ARTE "  en 4º da ESO . Nunha primeira fase do proxecto empezaremos co estudo da linguaxe cinematográfica, planos, ángulos, encadre... Antes de realizar o noso proxecto debemos ser conscientes das nosas limitacións,  30  alumn@s , tres horas á semana,  necesitaremos usar o enxeño e aproveitar ao máximo os recursos que temos , son moitos alumnos e alumnas , e pouco tempo.  Rodar a golpe de timbre , non é doado.  QUE NECESITAMOS? Videocámaras Trípodes, m oi necesarios para unha maior calidade na composición dos planos. Micrófono Exterior , Direccional Alargo para conexión á rede  Tarxetas SD Focos  Ordenador Persoal   Tamén necesitaremos software para a edición de vídeo, efectos visuales, retoque fotográfico, un editor de son   Neste momento estamos coa e...

CURTAMETRAXES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Deixo aquí unha recompilación de proxectos audiovisuais realizados polo meu alumnado en diferentes cursos contra a violencia de xénero , o machismo,  a anulación, a  Invisibilización    . Este curso será  tamén necesario traballar sobre a violencia de xénero . Diminuír o sexismo e reducir o acoso desde a mocidade é a clave . El machismo mata from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . El machismo mata http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/espazo/experiencias/experiencia/historias-dun-cuarto-de-bano La violencia de género deja CICATRICES from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . PROXECTO : http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes El fantasma del maltrato from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . PROXECTO:UN ARTISTA NA ESCOLA GRUPO 3º ESO -IES as Barxas ARTISTA :SIMÓN VÁZQUEZ Profesora : Luz Beloso EDUCABARRIÉ A muller Lamprea V - O CICLO DA VIDA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . NOMINACIÓN OLLOB...

"Superheroes e superheroínas" no Blogue do País "Escuelas en Red"

Comparto este marabilloso  artigo de Rodrigo J Garcia na edición dixital do Blogue do País "Escolas en Rede" sobre o proxecto "superheroes e superheroínas" http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2016/11/superheroes-en-el-instituto-moaña.html Esta é a primeira parte , en quince días , a segunda. Grazas Rodrigo , por compartir tantas e tantas experiencias de aula , que demostran que  hai unha educación publica  que  temos que valorar e defender , unha educación pública marabillosa grazas aos docentes que habitan nela, eles son os meus superheroes e superheroínas .    #aArteIMPORTA,  e importa tamén a súa presenza na educación.

Somos GAÑADORES nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016

 O proxecto audiovisual que realizamos  o ano pasado en Educación Plástica no IES as Barxas, e que implicou a gran parte da comunidade educativa,  acaba de recibir un premio  nacional.  Somos gañadores nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016,  na modalidade: MELLORES EXPERIENCIAS TIC, categoría: Mellor Proxecto TIC Audiovisual . Podes atopar o proxecto nesta páxina  http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes Premio  Innovación Educativa de SIMO Educación 2016 Recollendo o Premio en SIMO FOTO  @centro.juanmaria Ligazóns sobre o proxecto    EDUCACIÓN 3.0  http://www.educaciontrespuntocero.com/convocatorias/ganadores-la-iv-edicion-los-premios-simo-educacion/39874.html INNOVACIÓN EDUCATIVA FUNDACIÓN TELEFÓNICA  https://innovacioneducativa.fundaciontelefonica.com/blog/2016/10/17/superheroes-y-superheroinas-alumnado-comunicando-concienciando-y-emocionando/ ...