Saltar ao contido principal

SOMOS A NOSA MEMORIA

Xa temos a WEB co proxecto Audiovisual as Barxas "Somos a nosa memoria "¡¡¡ con 11 curtas...e aínda falta por subir "a muller Lamprea"..en proceso estamos.
En Educación Plástica cada novo curso traballamos creando distintos produtos audiovisuais que viran sempre ao redor dun tema. A motivación deste ano é "A MEMORIA”; trátase de guións realizados partindo dos recordos e a memoria dos nosos avós e avoas de Moaña. A memoria conéctanos cas vivencias da alma, cos cimentos do noso día a día. Este evento é unha homenaxe a todas e todos eles.

 https://luzbelos.wixsite.com/somosanosamemoria  #SOMOSCINE #cineyeducación #caranguexoFilms



Das 12 curtametraxes vou deixar estas dúas, o resto pódense ver entrando na web , xunto co making, o vídeo do festival e a galería de imaxes, ademais dunha explicación do proceso deste proxecto. Un proxecto no que levamos traballando todo este curso en 4ª da ESO , non só creamos as curtametraxes, o alumnado estuda linguaxe audiovisual (agradecida aos recursos facilitados por OLLOBOI), é guionista, filma, edita e organiza o seu propio festival , decora o centro, realiza carteis e difunde o evento.


"Ou todos ou ningún"

Esta é a historia do auténtico protagonista de “Los lunes al sol" de Fernando León de Aranoa . ”Se cae un caemos todos" di Manuel Currás , un traballazo de Anxo Currás e o seu equipazo dos luns ao mediodía; unha preciosa homenaxe ao seu avó, todo un heroe desta ría de Vigo 


      
                        



"EN BRANCO " 

Con guión e dirección de Laura Cortegoso, fálanos da importancia de non esquecer como a heroína esnaquizou moitas vidas nos 80. 




                    

 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2024/25

Bo inicio de curso a todas e todos  . Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico 2 bach, e  Debuxo técnico en 2    Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e expresión artística de 4 ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO e 3 ESO.  Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio

CURSO 2023/24

Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1

2º PREMIO GSD INNOVA PARA TRANSFORMANDO REALIDADES

Eu téñolle un especial agarimo aos premios GSD INNOVACIÓN EDUCATIVA .  Aquí quedan algunhas fotos dunha xornada intensa , dun día de reencontros compartindo a nosa felicidade por este segundo premio entre amig@s .   Felicidades a GSD por unha entrega de premios divertida , moi emocionante e perfectamente organizada , na que compartimos os nosos proxectos e soñamos con outros novos , por que compartir experiencias é unha gran forma de aprender, GRAZAS #GSDinnova2018 #PremiosINNE2018 da Fundación GSD. #TRANSFORMANDOREALIDADES #ArteParaCambiarElMundo #IESasBarxas #Moaña O  proxecto coordineino xunto á miña compañeira e amiga   M  Jose Soto (profesora de economía ) e implicou a toda a comunidad educativa do IES as Barxas.  “TRANSFORMANDO REALIDADES”,  é ARTE para cambiar o mundo,  trátase dunha  experiencia interdisciplinar e creativa que pretende fomentar a cultura emprendedora e a Educación Artística en todas as etapa...