Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Animando BIBLIOBERNARDINO

ENGURRAS

Esta 3º Avaliación educación plástica coordinada con BiblioBernardino traballou no proxecto "engurras", tivemos desde un taller de cómic á visita de Anxo da cruz. Logo de todas estás experiencias puxémonos a facer unhas animacións tomando como referencia todo o aprendido e as reflexións obtidas logo de ler o cómic. Esta animación está realizada polos alumn@s de 1º BACH de debuxo artístico do IES as Barxas para o proxecto engurras O relato é do xenial escritor e poeta Miguel Ángel Alonso Diz.  A voz en off é da nosa querida profe de galego Matilde.  VER OS DEBUXOS NO  ENLACE Animación sobre o comic ENGURRAS de Paco Roca -3º ESO

Animando "BIBLIOBERNARDINO "

A partir desta  FERMOSURA " The joy of books" (2011)   VER ENLACE , unha  obra de arte realizada por  Sean Ohlenkamp e Lisa Blonder , o  meu compañeiro de educación plástica máis eu animámonos  cunha versión stop motion da nosa BiblioBernadino. O video  esta completado con animaciones 2d , realizado polos nos@s artistas das Barxas. *A  animación é unha profesión con moitísimo futuro e  os profesores de educación plástica temos moito que aportar , para descubrir, ensinar e fomar novos talentos, recordarvos que para animar temos que debuxar, debuxar...story board, anatomía, perspectiva, movemento..

Feliz ano novo e felices lecturas

Stop motion dos alumn@s do IES as Barxas felicitando o Nadal e o ano novo cunha árbore moi orixinal. Cada libro é unha nova AVENTURA ,converte a túa vida nunha gran AVENTURA: a AVENTURA dos tolos que cren que poden facer un mundo mellor. Feliz ano novo e felices lecturas