Este sábado 13 de Xuño celebrouse a entrega de premios de ESPIRAL EDUBLOGS en Medialab-Prado, Madrid , tivemos a sorte de poder escoitar o emocionante relatorio de Jaume Josa Fenés " Profe, tu cliente no te entiende. La comunicación en el colé” , http://www.laescuelacoach.com , escoitalo e reafirmarnos unha vez máis que outra educación é posible. Emocionante desvirtualización de Ana Municio , incansable, admirable e marabillosa. Este Blog presentouse na categoría de Mestres e Profesores:fun a última en saír, os nervios e o agradecemento mesturábanse a partes iguais, alí xunto aos meus dous compañeiros premiados nesta categoría ( Sen) Lingua buxaina de prata e SGAguilar Javier Ramos buxaina de bronce e emocionada polas súas intensas palabras, non me esperaba recibir a buxaina de ouro. Co premio nas mans só puiden agradecer á organización o seu fermoso e enorme traballo, acordarme dos meus alumn@s , q...
SOMOS CINE & EDUCACIÓN