Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2015

SOMOS GAÑADORES DO IX PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS

EDUCORTOS  recibiu un premio  na categoría de blogs de profesores e profesoras no  prestixioso concurso   ESPIRAL EDUBLOGS. Os Premios Edublogs están abertos a toda a comunidade educativa onde dende fai anos ( estamos xa no IX Premio ), presentanse miles de blogs de toda España.                            http://espiraledublogs.org/comunidad/Edublogs/premio Este premio valora a importancia e repercusión dos blogs na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación dos alumnos. Recoñece o traballo de moitos profesores e profesoras na rede demostrando a súa utilidade pedagóxica. É un escaparate motivador dunha corrente educativa dentro da blogosfera, que axuda á xeneralización do uso das TIC na aula. Ofrece unha selección de boas prácticas que animan a iniciar ou consolidar o uso nos blogs en ámbitos educativos, aprendendo de experiencias de éxit o. Mil Grazas ao equipo de ESPIRAL  EDUBLOGS  polo seu  recoñecemento  e

REMUIÑO VIOLETA NAS BARXAS

Este curso imos a celebrar o 17 de maio co noso  recén  nacido "remuíño violeta ", un remuíño de ideas creativas que crecen no  IES  ás  Barxas , un remuíño que empeza a xirar e non pensa parar mentres non exista unha conciencia na igualdade de oportunidades, queremos abrir  camiños  e  novas  formas de mirar. Por iso nós celebramos este día con  Begoña Caamaño ,   " porque si, porque nos gusta, porque nos peta , porque nos  sae de dentro, alá do fon do  " , nos  sae da alma,  e celebrámolo   con este fermoso  ALALÁ  de despedida de  Uxia Senlle  para a súa querida  amiga , que grazas á petición de  Iria  Collazo,  cedeunos para realizar esta animación. Esperamos que vos guste. Os artistas da animación para conmemorar o evento son os meus alumn@s de 3º ESO e debuxo de BACH . Animación  rotoscopia : Alumn@s 3º ESO Animación  2D:  ilustracións debuxo artístico Bacharelato. Aquí deixo este cartel realizado para estrear a animación o 15 de maio no noso centro,

EDUCORTOS FINALISTA NO IX PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS (2015)

Decateime  estés días polo https://twitter.com/edublogsespiral  que o blog EDUCORTOS quedou Finalista no  IX Premio  Espiral Edublogs  (2015), na categoría de Blogs de mestres e Profesores.   U n orgullo quedar xunto á compañeira de educación plástica  Henar Moros co seu BLOG HenArte & TIC´s   # AArteImporta compañeira. Este recoñecemento píllanos enredados co noso proxecto audiovisual  CARANGUEXO   FILMS , un proxecto no que os  alumnos dirixen, filman, editan, son produtores, actores, directores e elaboran os seus propios guións, seguiremos traballando, pero agora con máis forza que nunca, moitas  grazas polo  recoñecemento  . Déixovos momentos do noso día a día ,intentando  que  a estrea do noso V festival audiovisual no IES as Barxas    sexa unha realidade.  VER ENLACE : http://espiraledublogs.org/comunidad/Edublogs/recurso/finalistas-ix-premio-espiral-edublogs-2015/cdaf38a4-e094-4c9d-9fcd-9632492276fb MOAÑA-IES AS BARXAS