Saltar ao contido principal

REMUIÑO VIOLETA NAS BARXAS

Este curso imos a celebrar o 17 de maio co noso recén nacido "remuíño violeta ", un remuíño de ideas creativas que crecen no IES ás Barxas, un remuíño que empeza a xirar e non pensa parar mentres non exista unha conciencia na igualdade de oportunidades, queremos abrir camiños e novas formas de mirar.

Por iso nós celebramos este día con Begoña Caamaño, "porque si, porque nos gusta, porque nos peta , porque nos  sae de dentro, alá do fondo ", nos sae da alma, 
e celebrámolo  con este fermoso ALALÁ de despedida de Uxia Senlle para a súa querida  amiga, que grazas á petición de Iria Collazo, cedeunos para realizar esta animación.
Esperamos que vos guste.

Os artistas da animación para conmemorar o evento son os meus alumn@s de 3º ESO e debuxo de BACH .


Animación rotoscopia: Alumn@s 3º ESO


Animación 2D: ilustracións debuxo artístico Bacharelato.


Aquí deixo este cartel realizado para estrear a animación o 15 de maio no noso centro, con texto tamén de Iria.



ALALÁ DAS MARIÑAS. UXÍA. from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
ALALÁ DAS MARIÑAS. UXÍA. CD MEU CANTO. FolMúsica 2011
Animación rotoscopia: Alumnos 3º ESO
Animación 2D: ilustracións debuxo artístico Bacharelato



OBRADOIRO DE PLÁSTICA AS BARXAS

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...