Saltar ao contido principal

NAS BARXAS " SOMOS CINE"

DEIXO AQUI A LIGAZÓN A TRES PROXECTOS AUDIOVISUAIS NOS QUE ANDAMOS ENREDAD@S NAS  BARXAS











PROXECTO INTERCENTROS AUDIOVISUAL AI Mo.S.A 2022  co ALUMNADO 4 ESO, 1 ESO


PROXECTO CARANGUEXO FILMS 2022:  Marea de curtas, marea de vidas 

Despóis de dous anos de parón no IES AS BARXAS , teremos de novo un FESTIVAL DE CURTAS , un proxecto do alumnado de 4 da ESO, que este ano traballou a linguaxe audiovisual na aula de plástica, nesta materia levamos anos incorporando o uso do audiovisual na nosa programación anual, realizando tanto a análise desta linguaxe como realizando produtos audiovisuais , desde animacións , curtametraxes e vídeo creacións.
Todos eles traballados en colaboración co departamento de Galego .e Música .
 Contamos cunha produción de mais de 28 curtas e animacións , con temas como o Alzheimer , visibilizar a saúde mental, o bullying , a poesia , a soidade, a guerra, as masculinidades tóxicas . Algunhas das nosas curtas están nominadas aos premios OLLOBOI deste ano. 
Os títulos das curtas que se van proxectar entre outros son :
 LIMERENCIA (curta nominada aos premios do festival OLLOBOI) 
TODO ESTÁ BEN , Curta sobre a ansiedade 
SALTO AO CEO , visibilizar o suicidio
 CORES E VAGALUMES , curta que loita contra o bullying 
BOLBORETAS , curta sobre a terapia das mariposas e as autolesións. 
AS NOSAS AVOAS, curta documental as avoas do Morrazo con Fita Rial , Ana Ferreira, Rosa Bermúdez , Nieves Rodríguez..... 
 O CAMIÑO DA SOIDADE , TÍ DECIDES :curta para campaña contra o alcol ao volante,(NOMINADA aos premios OLLOBOI) 
O ARMARIO DOS MEUS PAIS animación contra as violencias machistas (PREMIO OLLOBOI ANIMACIÓN) 
O LADRÓN DE MEMORIAS , feito en colaboración con AFAMO..
 NON TODO SON PEIXES NO MAR , BATEAS ,VERDE ....e moitas mais 
Estreamos tamén o traballo da rapazada do “club audiovisual “ feito este ano con tres títulos: OS LIBROS ESQUECIDOS , CABALGANDO LIBRES , NON ES TÍ, SON EU . .


CLUB AUDIOVISUAL as Barxas 
 Grupo de alumnos e alumnas que traballan o recurso audiovisual fora do horario lectivo. Xuntámonos os luns ao mediodía e os días que necesitemos para os nosos rodaxe e para estudar a linguaxe audiovisual dunha forma lúdica envolvé- monos na maxia do cinema. Boa parte do alumnado é do 1 da ESO . Convidámosvos a ver as súas producións 




 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...