Saltar ao contido principal

Os do Audiovisual as BARXAS no CULTURGAL



Os do Audiovisual as BARXAS contamos a nosa experiencia no CULTURGAL, este é un resumo de como o vivimos.
Esta filmado pola reporteira máis dicharachera das Barxas , Pilo (asbarxasemprende), tamén podemos ver a  Veronica (BiblioBernardino), Vero  a nosa eterna e querida PT, Daniel Mejuto, Seso (músicasbarxas) e eu mesma.
Atopamos vellos e novos amigos , Violeta e Carmen do Rodeira , co poeta Miguel Angel Alonso, Manoli e a lindísima Esther.
Coñecimos e compartimos proxectos na mesa do culturgal cos  representantes do Xabarín 18, aprendimos  do traballo audiovisual do profesor de Ferrol , Manolo González e o seu canal  de CLIP HISTORIA .
Inspirounos  Susana Vázquez  cos  novos proxectos de educa BARRIE.
Quizais, e froito dos nervios, ou o pouco tempo para compartir experiencias, faltoume dicir que cando traballas co recurso audiovisual, fomentas o traballo en equipo, a coordinación e o bo rolo entre os rapaces, e sobre todo a interdisciplinariedade.
É UN RECURSO MOI MOTIVADOR , os resultados son sempre positivos e os alumn@s traballan mais e mellor, sempre polo propio proxecto audiovisual ,o fin para eles xa non será a nota.
 Pódese aplicar a todo, absolutamente a todo , os tempos cambian, e os nen@s  xa non son os mesmos NEN@S de fai 20 anos , a metodoloxia para ensinar e motivar tamén ten que  cambiar.
Fomentar a creatividade no alumnado é o meu principal obxetivo como profesora de educación plástica e visual, con todos os recursos e ferramentas o meu alcance, esculcando, experimentando , aprendendo dos compañeiros na rede , compartindo recursos , todo co único fin de motivar e achegarme os alumn@s, que son, e serán  os  únicos protagonistas .




Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...