Saltar ao contido principal

JOSEBA o recurso AUDIOVISUAL e a ARTE SOLIDARIA

 Joseba García Plazuelo coñecido por moitos de vós polo seu blog "  bacharelato de artes " do IES Mª Soliño" de Cangas do Morrazo.

No MORRAZO hai moit@ artist@ , iso é unha verdade  cientifica e demostrable , moitos dos nos@s alumn@s son músic@s ,raper@s, pintan, fan teatro...son CREATIVOS ...é algo natural neles como o respirar ou camiñar , e iso unido a un excelente profesor que une o seu traballo ca súa paixón "a arte", só pode dar moi  bos froitos.

"É todo un pracer para os sentidos explorar os seus blogs, e pintor, profesor de artes, amante da fotografía, creador de montaxes audiovisuais, explorador de novas formas de ensinar na Escola do siglo XXI". Asi  comenza o artigo de Francisco Muñoz de la Peña publicado na páxina do ITE (MINISTERIO DE EDUCACIÓN) Boas Prácticas 2.0.Ligazón ao artigo
 A parte diste recoñecemento polo seu traballo e os numerosos premios recibidos polos seus curtos realizados en talleres extraescolares  e na  propia materia de cultura audiovisual que imparte, Joseba é un autentico profe 2.0., sempre conectado cos seus case 3000 seguidores no facebook ,  cos alumn@s no tuenti , myspace..etc ..dándolle unha difusión e promoción ao bacharelato de artes coñecida por tod@s no ciber-espazo e sobre todo admirado por nos (os ciber-profes de plástica)


Pero o máis fermoso do seu traballo é que a educación que el promove é unha educación en valores.
Istes son algúns dos seus  traballos de aula premiados 
                          
 Premio no II Concurso de curtametraxes para escolares, relacionado coa Doazón e os Transplantes, concedido o 9 de maio do 2011 pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, e este é o Video gañador do premio de "mellor audiovisual didáctico ou documental" no I Certame Audiovisual Escolar do IES Monte Carrasco



VER MÁIS EN ENLACE


Pero sin duda iste é o mais conmovedor , POLA HISTORIA QUE O ACOMPAÑA 
 É un video interpretado polas nenas e nenos dunha escola que xurdiu tras unha gran catástrofe. O podedes atopar no canalartes de youtube, chámase "A saia dá Carolina María Soliña" , difunde o labor dun proxecto educativo xa consolidado dunha pequena organización de amigos co que Joseba colabora , un traballo honesto no que con moitos poucos fan moito e moi ben.
 Un compromiso solidario recomendable, loable e pausible.
Foi galardoado co premio "Impinxidela" no Certame  audiovisual  OLLOBOI 2011 (rodaxe.info). O premio de cen euros foi ingresado a ONG www.shangaindia.org coa que ti tamén podes colaborar. As nenas e nenos que interpretan este tema popular do floclore galego están a medrar e seguen precisando da nosa axuda.




http://www.shangaindia.org/proyectos.html



Comentarios

  1. Grazas Luz. Ti tiveches moita culpa animandonos e estusiasmandonos a todos e a min paticularmente como teu amigo coa tua paisón. Un millón...
    Joseba
    http://www.youtube.com/watch?v=MdOvqn8A5K4

    ResponderEliminar
  2. Hola Luz
    He tenido que volver a subir el video de la expo del 2011 porque con la nueva configuración de youtube se me borraron varios videos no se como... Te envío el nuevo enlace: http://www.youtube.com/watch?v=AZPD8sLgTlY
    Gracias de nuevo, por el artículo, Felices Fiestas y Felicidades por todos tus merecidos galardones.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CURSO 2023/24

Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1

CURSO 2024/25

Bo inicio de curso a todas e todos  . Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico 2 bach, e  Debuxo técnico en 2    Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e expresión artística de 4 ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO e 3 ESO.  Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As Barxas ,