Este mércores 21 de Outubro Educortos participou nunha mesa redonda virtual sobre a "narración dixital", xunto aos meus admirados : Manuel Jesús Fernández, responsable do proxecto "A Historia é Puro Teatro ", Juan Carlos de Miguel, con "O Son que Habito" , Ana Galindo de "Palabras Azuis" . O evento no Hangout foi coordinado por Diego Ojeda , unha actividade dentro dun curso organizado polo INTEF e educaLAB para coñecer o uso educativo da NARRACIÓN DIXITAL , aquí queda o vídeo da experiencia e unha ligazón ao BLOGUE do INTEF. Un pracer inmenso compartir impresións cos meus queridos compañeiros e sentir que somos moitos os que cremos que outra educación é posible .
SOMOS CINE & EDUCACIÓN