Este mércores ás 8 da tarde no concello MOAÑA temos unha cita ;) Proxectaranse traballos do alumnado de plástica do IES as Barxas : " Eu serei a túa memoria", realizado en colaboración coa Asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer Afamo Morrazo ); " Ou todos ou ningún", sobre a problemática do estaleiro Ascón, no que se entrevista a un dos líderes sindicais daquela época, Manuel Currás Meira , "1936" e " Forten", no que o alumnado do instituto son protagonistas d a guerra, así como tamén María do Carmen García, que conta unha historia real que o alumnado levou á pantalla. Por último, proxectarase " Teño medo ás palabras", ao redor dun poema de Miguel Ángel Alonso Diz . Esta última curta leva ilustracións baseadas nos debuxos de Castelao. MIL Grazas á Agrupación Nós e ao concello de Moaña. # somoscine # caranguexofilms # cineyeducación FONTE : Faro de Vigo https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2018/12...
SOMOS CINE & EDUCACIÓN