O exalumno Hugo Ferreiro González visitou a comezo de curso a aula de plástica para compartir e aprender. Grazas a el puxemos a mirada na realidade TRANS e sentimos a necesidade de visibilizar, compartir, e educar para educarnos, traballando na diversidade para a igualdade e loitando sempre polo dereito a SER
Este ano o festival audiovisual "Caranguexo Films" vai ser diferente, estrearanse os proxectos paralelamente no salón de actos para o noso alumnado do IES as Barxas, e para todo aquel que queira velo online nas ligazóns de you tube que deixo aquí.
Para un dos proxectos "TRÁNSito " contamos ca Música orixinal do Conservatorio Superior de Música de Vigo
"Persoa", é unha curta baseado nas propias experiencias de Hugo Ferreiro , reinterpretado polo alumnado de 4 ESO.
ALUMNADO de PLÁSTICA as BARXAS de 4º ESO C
Guión : Hugo Ferreiro Edición: Lucas Gonzalez Director: Aaron Sanjorge , Lucas González Produción: Eva Lopez, Leti Rodrígez, Diego Casqueiro, Aaron Sanjorge y Lucas González Cámaras: Diego Casqueiro , Lucas González Dani : Hugo Ferreiro Nai de Dani : Inés Padín Amigo Dani :Lucas González Actor secundario: Manuel Rodríguez Saúl San Martin- cámara secundaria Agradecementos : alumnado de 1º ESO CARANGUEXO FILMS Plástica as Barxas
O noso agradecimiento a Cristina Palacios por supervisarnos a curta http://asociacionarelas.org
TRÁNSito é un documento que parte dunha serie de preguntas supervisadas por NosMesmas http://asonosmesmas.blogspot.com, ás que contestan cinco mozos e mozas trans, que participaron xenerosamente neste proxecto.
- Unha experiencia compartida nas aulas do Morrazo. VER LIGAZÓN : https://educortos.blogspot.com/2019/11/20-n-transito.html
Comentarios
Publicar un comentario