Saltar ao contido principal

Publicacións

"Sorrisos de Magdalena"

Partindo dunha proposta do profesor JOSÉ BLAS GARCÍA , os alumnos e alumnas de Educación Plástica do IES as Barxas leámonos a manta á cabeza e realizamos o BOOKTRAILER, dun dos contos gañadores do concurso  INTERNACIONAL  " NO meu VERSO SON LIBRE".  O relato que tivemos o privilexio de animar é , " Sorrisos de Magdalena " de Cecilia  Mansilla Sánchez da aula Hospitalaria do Complexo Hospitalario Ntro. Sra. do Perpetuo Socorro de Albacete Pero, de que vai este proxecto ?  O profesor Jose Blas convídanos a participar coa realización dun Booktrailer no proxecto colaborativo "CONTAMOS CON EMOTION" , e cóntanolo asi: "O Certame de Relatos  "No meu verso son libre", é un proxecto de animación á escritura, ás narrativas e á lectura , que cumpre a súa décima edición, está dirixido a nenos e nenas entre 6 e 17 anos que, atravesando unha situación de enfermidade e un momento complicado da súa vida, souberon positivizarlo, gozar e aprender a...

Banco de sons

Banco de sons con máis de 50 tracks creados polo alumnado de 4º ESO de Educación Plástica para utilizalos no seu proxecto audiovisual , a creación de recursos libres de dereitos forma parte do proceso creativo na elaboración das suas curtas.

NAUFRAXIO

Xa empezamos a rodar o noso proxecto audiovisual  en 4º ESO , non sen antes preparalo todo.  Aquí quédavos a elaboración dun trípode para móbiles  realizado para as panorámicas e os travelings  da nosa rodaxe , agora os movementos de cámara serán moito máis controlados. Antes de empezar con esta aventura tivemos que inventar un pouco, fixemos unha especie de trípodes móbiles.  O primeiro é unha especie de cadrado feito con tubos, sobresaen 3: un en vertical para o micrófono, e dous en horizontal para a Go-Prol e outro para o móbil onde ves a imaxe que se reproduce na Go-Prol. O segundo consta de dous tubos xuntos e encima destes vai unha base que se despraza, aí iría a cámara, Go-Prol ou móbil. Yago ,Alba, Luisni, Adri e Andrés de 4ºESO Educación Plástica Visual e Audiovisual Aquí deixamos a ligazón ao noso diario de RODAXE  NAUFRAXIO  https://caranguexofilms.blogspot.com.es/search/label/Naufragio   

"CINEMA E ARTE "

 Con máis de 6 anos de continuidade o AUDIOVISUAL as Barxas     enfoca este novo curso o  proxecto audiovisual   á ARTE  . "CINEMA E ARTE "  en 4º da ESO . Nunha primeira fase do proxecto empezaremos co estudo da linguaxe cinematográfica, planos, ángulos, encadre... Antes de realizar o noso proxecto debemos ser conscientes das nosas limitacións,  30  alumn@s , tres horas á semana,  necesitaremos usar o enxeño e aproveitar ao máximo os recursos que temos , son moitos alumnos e alumnas , e pouco tempo.  Rodar a golpe de timbre , non é doado.  QUE NECESITAMOS? Videocámaras Trípodes, m oi necesarios para unha maior calidade na composición dos planos. Micrófono Exterior , Direccional Alargo para conexión á rede  Tarxetas SD Focos  Ordenador Persoal   Tamén necesitaremos software para a edición de vídeo, efectos visuales, retoque fotográfico, un editor de son   Neste momento estamos coa e...

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As...

Hangout co CEIP de Canosa, PROXECTO AUDIOVISUAL

Este luns 13  tivemos a honra de establecer VÍDEO conexión co C.E.I.P. de Canosa  en Coristanco-Coruña. Neste encontro  os nosos alumnos e alumnas falaron sobre a súa   experiencia no  mundo audiovisual  cos nenos de 1º - 3º - 5º - 6º de Educación Primaria e  5º de Educación Infantil que fixeron  preguntas moi interesantes, aínda que tivemos algún problema co son conseguimos realizar a conexión con éxito.   Unha experiencia moi enriquecedora para todos.  Esta  iniciativa realizouse  grazas a unha proposta de Diego López,  e parte do  marabilloso proxecto de biblioteca  "De espectadores a protagonistas"que se está desenvolvendo no seu centro.   VER  vídeo no seu BLOGUE  : http://bibliocanosa.blogspot.com.es/2017/02/aprendemos-con-luz-beloso-e-o-seu.html#more

B U L L Y I N G

Aquí queda a primeira curta deste ano de 1º BACH de "ANIMACIÓN" , unha nova materia na que estamos a desenvolver  diferentes técnicas e proxectos . Este  traballo é unha  metáfora sobre o illamento que produce o Bullying,  a  indiferenza fainos complices . Con guión de Isabel Cascante , debuxos de Maria , Alba, Rubén , Nerea ..... B U L L Y I N G from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .