Saltar ao contido principal

"ALICIA" e "O DÍA DA FESTA", creando efectos especiais

Alicia naceu dun guión de Iria Collazo, a nosa profe de galego .
 Trátase da creación dun musical froito dun proxecto interdisciplinar dos departamentos de plástica e música.
 O meu alumnado de 4º ESO tiña que dirixir , rodar e montar o corto, en música fixeron as cancións e os video clips.
 O reto foi conseguir que Alicia encollese ou medrase, caese por un túnel, ou falase cun mono nun póster… Todo isto é posible grazas o croma.

En canto ao "Día da festa", Os alumn@s de 4ºESO crearon unha curta inspirada no clásico dos 90, "El día de la Bestia" de Álex de la Iglesia, porque o noso cine é creativo, enxeñoso e de calidade.
Uxía, inspirándose no guión,fixo unha reinterpretación do mesmo. O resultado foi unha comedia delirante e divertida.


 Previo story board, os alumn@s gravaron e editaron , sendo sempre os protagonistas de todo o proceso creativo .

Como fixemos os efectos especiais en Alicia e no Día da festa?

Moi sinxelo: utilizamos o editor de vídeo iMovie, só tes que ter coidado coas sombras ou reflexos proxectados no croma. O mellor programa sen dúbida é o Adobe After Effects, pero se só tés o sinxelo Movie Maker tamén se pode conseguir. 
O croma key é un filtro que permite volver transparente aquilo que ti decidas. Só necesitas unha tea, unha táboa ou unha cartolina dun verde intenso. 
Un consello: procura levar roupa escura, a cor verde é reflectida polas cores claras.
En canto aos monstros ou as animacións das dúas pelis, debémosllelos ás aplicacións do iPad .
Desde apps para animación ou efectos para vídeo, creación de redes etc.
Aquí vos deixo unha selección das apps que utlizamos para estes dous traballos:

CROMA co  MOVIE MAKER :ENLACE
APPS ANIMACIÓN:  AnimationDesk, Animation HD, IAnimate.
CREACIÓN REDES: IOrnament, Doodle Dandy.
EFECTOS VIDEO: Action Movie, Creatures FX, Efexio.


Uxia co guión

Debuxando o story

Efectos


croma

Edición con Imovie 




  • Trailer "El día de la Fiesta" 









  1. http://educortos.blogspot.com.es/2013/05/george-melies-maxia-do-cine.html
  2. http://educortos.blogspot.com.es/search/label/III%20festival%20audiovisual



Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2023/24

Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As Barxas ,

BO INICIO DE CURSO 22/23

  Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 2 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 3 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas .   https://sites.google.com/view/plasticabarxas2022-23/debuxo-t%C3%A9cnico-2bach