Este xoves chamáronnos do Ies a Cachada para informarnos do seu novo proxecto " Amores prohibidos 2.0 " un experimento teatral que trata de contar unha historia a través das redes sociai s. C un título tan suxestivo e provocador , no noso centro só puidemos facer unha cousa , namorarnos del, e así foi como unha vez máis os prof@s do meu instituto decidimos liarnos a manta á cabeza , e contra todo prognóstico (pouco tempo para planificar , gravar e editar un vídeo ), puxémonos a traballar e sacamos á luz a nova modalidade e estilo de curtos , o vídeo "estresexpres ". AMORES PROHIBIDOS 2.0 será unha obra de teatro virtual; unha versión do clásico Romeo e Xulieta, de Shakespeare, na que os protagonistas serán Xulieta (filla de militantes defensores do galego) e Romeo (cuxos pais serán defensores do castelán). Este novo traballo colaborativo e interdiscilpinar do audiovisual as Barxas divídese en dous partes : A primeira é unha adap...
SOMOS CINE & EDUCACIÓN