Saltar ao contido principal

Audiovisual as Barxas , PREMIO á mellor iniciativa TIC 2012 - EDUCACIÓN 3.0



GAÑADORES do  PREMIO A MELLOR INICIATIVA TIC 2012 en SECUNDARIA na REVISTA EDUCACIÓN 3.0
"Historias dun cuarto de baño"
Unha experiencia educativa na que os meus alumn@s de educación plástica en 4º da ESO tiñan que crear o seu propio guión, un storyboard, así como dirixir e montar o seu propio curto. 
A experiencia comezou co estudo dá linguaxe audiovisual e de como realizar un guión (o noso agradecemento a Xan Leira polas súas desinteresadas clases), este premio tamén é del e do profe de música Seso Durán, que editou as voces en off e é o responsable do tema "eu non son ti" que  naceu no Obradoiro Músicasbarxas, e de tod@s os  PROFES dás Barxas, que demostraron ser uns excelentes actores ; da nosa Vero PT, Francisco Torrado, Iria Collazo, Rubén, Pilo, Carlos, Goretti, Javier , Juan...
Este recoñecemento é para todos vós e para os alumn@s que se implicaron de cheo no proxecto
 , grazas pola vosa participación e o voso entusiasmo.

  • MEMORIA DA ACTIVIDADE ENVIADA: ENLACE




Comentarios

  1. Parabéns por este novo e merecidísimo premio.

    Bo curso.

    Bea Eiroa.

    P.D. Encantoume o vídeo que tedes en "Lendo nas Barxas"

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...