Saltar ao contido principal

DEITADO FRENTE AO MAR, como se fai unha rotoscospia



    

   Deitado frente ao mar é un vídeo do audiovisual as barxas, un traballo interdisciplinar de música e plástica, creado como resposta 
    Tiñamos que crear un pequeno anuncio publicitario dun acto 
homenaxe a Celso Emilio Ferreiro que consistirá no  recitado colectivo
e simultáneo,o vindeiro mércores 12 decembro de 2012, ás 12.00 horas,
do poema Deitado frente ao mar, un dos textos máis emblemáticos da 
súa obra poética.
A música é obra de Seso Durán e os seus alumn@s do obradoiro música as Barxas de 1º de bacharelato, ao que sumáronse algúns de tercerio dá e.s.o,a música foi o noso punto de partida ,Ver ENLACE do seu making of).
Unha vez realizado o tema que dá ritmo ao poema tocounos pór a maquinaria a traballar,  que facemos?, como o facemos?.. Estaba claro, tiña que ser colorista, dinámica e con moito ritmo .
A fonte de inspiración, un vídeo que Lucia Álvarez(coñecida por todos vos polo seu blog “ las TIC en plástica) sobe ao Facebook, esta animación colectiva realizada coa técnica da rotoscopia namórame,
 ela é o meu motor para iniciar a procura na rede de como se fai 
unha rotocospia , que é?

A rotoscopía consiste en debuxar cada cadro dunha animación sobre un fílmico orixinal.
 Así transmites ao debuxo a naturalidade dos movementos reais.
Neste vídeo os meus alumn@s de 4º ESO explícanvos como realizala 
dunha forma sinxela. Necesítase moita paciencia e grandes doses 
de traballo . 
Son máis de 2000 fotos capturadas de distintos anacos de vídeo , 
redibuxadas unha a unha,para volver a xuntalas cun programa de
 stop motion e posteriormente ser editadas co imovie .
  • Outras formas de facer unha ROTOSCOPIA no BLOG N1PLÁSTICA de Jano Sanmartín: ENLACE


Comentarios

  1. ¡¡ Impresionante!!! Me he quedado sin palabras. Todo un ejemplo de un buen trabajo audiovisual. Eres increible Luz y Ximo también y vuestro alumnado, ¡qué grandes!!. Gracias por la mención. Muy contenta por haber despertado la chispa de este gran trabajo :D.
    Un abrazo muy fuerte

    ResponderEliminar
  2. Mi compañera virtual de plástica :) , tú si que eres muy grande¡¡ , GRACIAS a ti por tu trabajo y compartirlo con tod@s nosotr@s.

    ResponderEliminar
  3. Me encanta como ha quedado. Ya estoy deseando hacer uno. Un saludo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...