Saltar ao contido principal

George Méliès - "A maxia do cine"- Crea efectos especiais nos teus curtos

A caixa programa un concurso e unha exposición que explica por primeira vez as raíces culturais, estéticas e técnicas de Méliès e demóstranos que as orixes do seu mundo atópanse nas orixes do cine: sombras animadas, linterna máxica, fantasmagoría, cronofotografía, ilusionismo, maxia e fantasía, ARTE EN ESTADO PURO. ENLACE

Si falamos de maxia e cine , a motivación está asegurada no IES as Barxas .

 Así que os mozos da productura: os nosos alumn@s de TIE e os meus alumn@s de 1ºBACH animáronse a crear dous curtos  Máxicos.

 Sobre todo polo divertido do tema proposto.

Que necesitamos para crear efectos especiais?


1º Un editor de video con chroma key.
2º Unha tea verde ou azul e unha cartulina do mesma cor para obxectos máis pequenos .
Iluminar o croma e a imaxe por separado.

 Necesitaremos polo menos 5 focos , dúas desde arriba para o croma , un contraluz e dúas luces para o obxecto , unha principal e outra secundaria, isto ensinoumo Sebastian un alumn@ de 2ºESO que acode ao taller nos recreos, que vos parece?
 Son estupendos os nosos nen@s;)
 Evita as sombras e os escintileos no croma.

4º PARA REMATAR, utilizamos unhas aplicacións de Realidade Aumentada do Ipad , nós preferimos gravar sobre unha cartulina verde , resulta máis sinxelo adaptala á imaxe , tamén dá máis calidade ao resultado final 
Outra forma de debuxar a forma é utlilizando o pincel de rotoscopia en After Effects , é como o photoshop , sinxelo e máxico , non necesitas ningunha cor que separe a figura do fondo. 



Chroma key.



After Effects




Calquera mundo é posible , os límites ponos a túa imaxinación

MAGIA , ERES TÚ from Edu Plástica on Vimeo.

VER OS DOUS VIDEOS : de  3º TIE e de  1º BACH no canal  BARXAS TV :ENLACE


Para saber máis , segue ao grupo EDUPLÁSTICA no facebook :ENLACE

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...