Saltar ao contido principal

"MALDITO ESPEJO"

Este curso os meus alumn@s de 1º Bach de debuxo artístico e Noelia Riobó, contando coa participación dos alumnos de 3º ESO : Nicolás e Juan , crearon unha curta de casi 30 minutos.

En "MALDITO ESPEJO" vense reflectidos os distintos trastornos da alimentación a partir dun guión  elaborado por unha enfermeira especializada en saúde mental Rosa Mº Diaz Beloso, responsable da unidade de agudos do Meixoeiro, VIGO, contamos coa súa colaboración, tanto física, no propio proxecto, como para documentalo.

Os alumn@s fan un story (Ana Gil), dirixen (Ángel Currás) , gravan (Eva) editan (Ángel) e actúan (Melania Álves, Melanie Pequeño ,Noelia, Ángel......), cun estudo previo dos planos, ángulos ,encadre , movementos da cámara, montaxe ..etc
Traballamos , con programas de edición de video , son para as voces en off , cos problemas que ten gravar cunha cámara de fotos. Pero sobre todo  neste tipo de proxectos  fomentase o traballo en equipo e o compromiso do grupo.

Esta actividade require ser realizada fóra do aula , os meus alumn@s rodaron no seu tempo libre , durante dous trimestres completos, unha iniciativa totalmente voluntaria.

  Contamos coa colaboración do poeta MiguelÁngel Alonso Diz co seu fermosísimo poema "QUERETE",  a participación de Catalina a  nai de Melanie como nai dunha das protagonistas: Melania Alves, a participación de profesores, Pilo, a colaboración do gimnasio de Taekwondo da vila, cafeterías, supermercados de Moaña, a casa do Mar.
O noso agradecimiento a todos eles.
Os alumn@s no proceso desta aventura aprenderon moito sobre os trastornos da alimentación , penso que esta é a parte máis enriquecedora .


Comentarios

  1. Fantástico trabajo, enhorabuena !!!de aquí a...http://mindshare-purpleeye.blogspot.com.es/2012/02/premios-oscar-2012-cada-vez-mas.html
    Henar

    ResponderEliminar
  2. Enhorabuena
    Fantástico trabajo
    http://mindshare-purpleeye.blogspot.com.es/2012/02/premios-oscar-2012-cada-vez-mas.html

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CURSO 2023/24

Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1

BO INICIO DE CURSO 22/23

  Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 2 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 3 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas .   https://sites.google.com/view/plasticabarxas2022-23/debuxo-t%C3%A9cnico-2bach

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As Barxas ,