Comezamos como dende fai xa cinco anos, o noso proxecto audiovisual no IES ás Barxas en 4º da ESO. Este curso os meus alumn@s van crear 6 curtas , ou polo menos esta é a nosa intención; un remake, unha curta super Lampreica,(guión da profe Iria) que dará moito que falar, e catro curtas máis, cuxos guións foron creados polos meus alumnos de plástica. Como sempre eles son os protagonistas en todas e cada unha das fases do proxecto , na preprodución ,produción e postprodución . Trátase dun proxecto cooperativo onde os alumn@s aprenden a asumir responsabilidades , todos teñen un papel dentro do plan da rodaxe. Son como o mecanismo interior dun reloxo mecánico, se unha peza falla, o reloxo detense . Pero mellor ver as entradas do seu "caderno de bitácoras" , onde vós encontrardes o seu primeiro día de rodaxe, son moito máis amenas que este rolo que vo...
SOMOS CINE & EDUCACIÓN