Saltar ao contido principal

CARANGUEXO FILMS

Comezamos como dende fai xa cinco anos, o noso proxecto audiovisual no IES ás Barxas en 4º da ESO.
 Este curso os meus alumn@s van crear 6 curtas, ou  polo menos esta é a nosa intención; un remake, unha curta  super Lampreica,(guión da profe Iria) que dará moito que falar, e catro curtas  máis, cuxos guións foron creados polos meus alumnos de plástica.
Como sempre eles son os protagonistas en todas e cada unha das fases do proxecto, na preprodución ,produción e postprodución. Trátase dun  proxecto cooperativo onde os alumn@s aprenden a asumir responsabilidades, todos teñen un papel dentro do plan da rodaxe. Son como o mecanismo interior dun reloxo mecánico, se unha peza falla, o reloxo detense. 
Pero mellor ver as entradas do seu "caderno de bitácoras", onde vós encontrardes o seu primeiro día de rodaxe,  son moito máis amenas que este rolo que vos solto, unha rodaxe moi viva



Comentarios

  1. Hola. felicidades por llevar ya 5 años con este proyecto y ya leo que vais a seguir. Acabo de descubrir tu blog y me gusta mucho la variedad de temas que tratas vinculados con la educación. En este momento me interesan mucho este tipo de reflexiones por lo que he creado un blog dedicado a los jóvenes y al uso que hacen de las nuevas tecnologías. Te invito a visitarlo: http://cativodixital.blogspot.com.es/ Si quieres seguimos en contacto. Yo ya me hice seguidora de tu blog.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias Marta ;), seguidora de tu blog ya¡¡ , un abrazo

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CURSO 2026/27

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso !  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...

Somos GAÑADORES nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016

 O proxecto audiovisual que realizamos  o ano pasado en Educación Plástica no IES as Barxas, e que implicou a gran parte da comunidade educativa,  acaba de recibir un premio  nacional.  Somos gañadores nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016,  na modalidade: MELLORES EXPERIENCIAS TIC, categoría: Mellor Proxecto TIC Audiovisual . Podes atopar o proxecto nesta páxina  http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes Premio  Innovación Educativa de SIMO Educación 2016 Recollendo o Premio en SIMO FOTO  @centro.juanmaria Ligazóns sobre o proxecto    EDUCACIÓN 3.0  http://www.educaciontrespuntocero.com/convocatorias/ganadores-la-iv-edicion-los-premios-simo-educacion/39874.html INNOVACIÓN EDUCATIVA FUNDACIÓN TELEFÓNICA  https://innovacioneducativa.fundaciontelefonica.com/blog/2016/10/17/superheroes-y-superheroinas-alumnado-comunicando-concienciando-y-emocionando/ ...