Saltar ao contido principal

AUTORRETRATO ANIMADO WONDER

Grazas a unha invitación de Mercedes Ruiz realicei esta proposta didáctica  , convídovos a participar con ela no proxecto Wonder , e compartir os resultados animados dos teus alumnos e alumnas no blogue "Contamos con eMOTION" #EDUmaridaje

Olivia (Via) a irmá maior de August adora ao seu irmán, aínda que algunhas veces  sente que é desprazada por el.  Para ela August é o sol e todos viran ao redor del, como os planetas.


     A proposta desta actividade  parte da mirada de Via, sobre como ela ve a August. Nunha pasaxe realiza unha descrición obxectiva do seu aspecto, pero afirma non velo como o resto da xente. Ela sabe que o esencial non é visible aos ollos.
Anímote a realizar o teu autorretrato esencial e transformalo nun elemento ou figura que che defina a modo de metáfora, quen es en realidade?, mira máis aló do simple envoltorio no que se basea a nosa aparencia exterior. Crea unha metáfora animada para entender como es  coa app "animation desk" (a súa descarga é gratuíta para Android e para IOS)
       Descobre o animador que levas dentro!.










      Ao terminar a túa animación terala en formato vídeo, só necesitas convertela nun gif , para iso utilizaremos :
                       
via GIPHY

      Observa este exemplo para inspirarte,  http://gph.is/2gDrESE esta aloxado na plataforma GHIPY onde podes  colgar os teus gifs e compartilos en twitter co hashtag #soyxqsomos


           TUTORIAL ANIMATION DESK  https://youtu.be/1klmPEaAl_0

            
@LuzBeloso

Comentarios

Publicacións populares deste blog

BO INICIO DE CURSO 22/23

  Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 2 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 3 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas .   https://sites.google.com/view/plasticasbarxas23-24/inicio

Bo inicio de curso a todxs

    Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, Animación e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO. Aquí déixovos a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas , que ademais estará enlazada á aula virtual do IES AS BARXAS. VER LIGAZÓN https://sites.google.com/view/plsticabarxas

NAS BARXAS " SOMOS CINE"

DEIXO AQUI A LIGAZÓN A TRES PROXECTOS AUDIOVISUAIS NOS QUE ANDAMOS ENREDAD@S NAS  BARXAS PROXECTO INTERCENTROS AUDIOVISUAL AI Mo.S.A 2022  co ALUMNADO 4 ESO, 1 ESO  VER LIGAZÓN :  https://sites.google.com/view/aimosa/ai-mo-s-a-2022 PROXECTO CARANGUEXO FILMS 2022:   Marea de curtas, marea de vidas  Despóis de dous anos de parón no IES AS BARXAS , teremos de novo un FESTIVAL DE CURTAS , un proxecto do alumnado de 4 da ESO, que este ano traballou a linguaxe audiovisual na aula de plástica, nesta materia levamos anos incorporando o uso do audiovisual na nosa programación anual, realizando tanto a análise desta linguaxe como realizando produtos audiovisuais , desde animacións , curtametraxes e vídeo creacións. Todos eles traballados en colaboración co departamento de Galego .e Música .  Contamos cunha produción de mais de 28 curtas e animacións , con temas como o Alzheimer , visibilizar a saúde mental, o bullying , a poesia , a soidade, a guerra, as masculinidades tóxicas . Algunhas das no