Eu téñolle un especial agarimo aos premios GSD INNOVACIÓN EDUCATIVA . Aquí quedan algunhas fotos dunha xornada intensa , dun día de reencontros compartindo a nosa felicidade por este segundo premio entre amig@s . Felicidades a GSD por unha entrega de premios divertida , moi emocionante e perfectamente organizada , na que compartimos os nosos proxectos e soñamos con outros novos , por que compartir experiencias é unha gran forma de aprender, GRAZAS #GSDinnova2018 #PremiosINNE2018 da Fundación GSD. #TRANSFORMANDOREALIDADES #ArteParaCambiarElMundo #IESasBarxas #Moaña O proxecto coordineino xunto á miña compañeira e amiga M Jose Soto (profesora de economía ) e implicou a toda a comunidad educativa do IES as Barxas. “TRANSFORMANDO REALIDADES”, é ARTE para cambiar o mundo, trátase dunha experiencia interdisciplinar e creativa que pretende fomentar a cultura emprendedora e a Educación Artística en todas as etapa...
SOMOS CINE & EDUCACIÓN