Saltar ao contido principal

2º PREMIO GSD INNOVA PARA TRANSFORMANDO REALIDADES



Eu téñolle un especial agarimo aos premios GSD INNOVACIÓN EDUCATIVA .

 Aquí quedan algunhas fotos dunha xornada intensa , dun día de reencontros compartindo a nosa felicidade por este segundo premio entre amig@s .
  Felicidades a GSD por unha entrega de premios divertida , moi emocionante e perfectamente organizada , na que compartimos os nosos proxectos e soñamos con outros novos , por que compartir experiencias é unha gran forma de aprender, GRAZAS #GSDinnova2018 #PremiosINNE2018 da Fundación GSD.#TRANSFORMANDOREALIDADES #ArteParaCambiarElMundo #IESasBarxas #Moaña

proxecto coordineino xunto á miña compañeira e amiga   M  Jose Soto (profesora de economía ) e implicou a toda a comunidad educativa do IES as Barxas. 

“TRANSFORMANDO REALIDADES”,  é ARTE para cambiar o mundo,  trátase dunha  experiencia interdisciplinar e creativa que pretende fomentar a cultura emprendedora e a Educación Artística en todas as etapas educativas, a través da creación e xestión dun CENTRO DE ARTE CONTEMPORÁNEA no IES AS  BARXAS, de Moaña, especializado en 4 áreas: Produción, Exhibición, Documentación e Formación. O proxecto céntrase no poder da arte  para reflectir e transformar  a realidade , comunicar, concienciar, emocionar, e no papel do noso alumnado como creador e distribuidor de arte. Cremos que todos levamos un artista dentro e  queriamos potenciar os distintos talentos do alumnado a través da creatividade e o emprendemento como actitude ante a vida, priorizando a educación emocional, o respecto e a educación en valores. A arte non ten fronteiras e nós rompémolas creando con pintura, escultura, fotografía, vídeo, animación, proxección, deseño 3D, realidade aumentada,  gamificación.. Por que? Porque a arte é para todos e todas, é a mellor forma  que coñecemos para cambiar conciencias , emocionar e transformar  e é un dereito social . 
 A arte contemporáneo non só foi obxecto de estudo, senón que foi un medio para descubrir, investigar, producir, educar e cambiar contornas, crear conciencia. Así actuamos contra a violencia de xénero a través da ilustración, a animación e a realidade aumentada, en defensa do patrimonio utilizando o deseño 3D, a xeolocalización e a  fotogrametría, contra o  bulling, o tabaquismo, visibilizando problemáticas sociais co recurso audiovisual  e diferentes técnicas de animación 2D concienciamos  e contamos historias con corazón baseándonos nunha obra de ARTE e compartíndoas nun festival , Resucitamos a figura de  Maruja Mallo nunha exposición conmemorativa “ EU son  Maruja Mallo  , e unha chea de accións artísticas que podes atopar neste BLOGUE   que deixo a continuación:
https://proyectotransformandorealidades.blogspot.com/









Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...