Saltar ao contido principal

FESTIVAL ONLINE AUDIOVISUAL CONFINADO

OSOliño FILMS nace  no curso 2019-2020,  como proxecto educativo desenvolvido na materia de Cultura Audiovisual.

A nosa mirada estaba posta nun festival audiovisual presencial,  que se ía a celebrar en maio  no Auditorio de Cangas. Contabamos coa participación doutros institutos da península do Morrazo como o IES as Barxas ou o Paralaia, pero  a nova realidade chega, e pon freo a este proxecto no medio da rodaxe , algúns grupos xa tiñan  terminado a súa primeira escena.


O recurso utilizado é o móbil ,  tan pouco estimado e mesmo demonizado na educación serviunos: para editar , gravar, crear foleys, editar o audio, pero sobre todo para comunicarnos e seguir en contacto por WhatsApp, creando grupos por aula, e por proxectos en conxunto entre alumnos e alumnas ou entre profesorado e alumn@s.  Traballando , animándo e colaborando en videocreaciones ou videoclips .

No proxecto podemos atoparnos desde películas de terror , curtas de resistencia   ou videocreacións realizadas en colaboración coa súa familia para celebrar o fin do confinamento, esperamos que os traballos sexan do voso agrado.


Avanti curtas !!!! O que vedes nesta web é unha pequena selección dos traballos feitos en cuarentena. https://luzbelos.wixsite.com/cronicasdecorentena/festival



Fronte ás   situacións difíciles, aprendemos o máis importante , aprendemos a ser RESILENTES ,a superar a adversidade e a saír fortalecidos dela , transformando a nosa realidade , enchéndoa de novas ilusións e de ARTE ,non deixándonos levar polo desánimo e afrontando situacións algunhas veces complicadas .

Iste foi o aprendizaxe máis importante sacado desta pandemia #EducaciónNoSenArtes


FALAN DE NÓS:



Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2026/27

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso !  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...

Somos GAÑADORES nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016

 O proxecto audiovisual que realizamos  o ano pasado en Educación Plástica no IES as Barxas, e que implicou a gran parte da comunidade educativa,  acaba de recibir un premio  nacional.  Somos gañadores nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016,  na modalidade: MELLORES EXPERIENCIAS TIC, categoría: Mellor Proxecto TIC Audiovisual . Podes atopar o proxecto nesta páxina  http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes Premio  Innovación Educativa de SIMO Educación 2016 Recollendo o Premio en SIMO FOTO  @centro.juanmaria Ligazóns sobre o proxecto    EDUCACIÓN 3.0  http://www.educaciontrespuntocero.com/convocatorias/ganadores-la-iv-edicion-los-premios-simo-educacion/39874.html INNOVACIÓN EDUCATIVA FUNDACIÓN TELEFÓNICA  https://innovacioneducativa.fundaciontelefonica.com/blog/2016/10/17/superheroes-y-superheroinas-alumnado-comunicando-concienciando-y-emocionando/ ...