Saltar ao contido principal

OSOliño FILMS, Festival confinado




Este ano o alumnado de Cultura Audiovisual do Soliño teriamos que ter o noso festival no auditorio de Cangas xunto con outros centros do Morrazo para o 20 de Maio.
OSOliño FILMS é un proxecto  planificado desde inicio de curso, pero o noso soño non se cumplíu  por culpa dunha pandemia, este vídeo pertence á Noite de Cinema e Educación Virtual  do 17 abril 2020 , no vídeo comento a miña intención de seguir e continuar cun proxecto truncado polo confinamento , ver LIGAZÓN
Darlle a volta a vida e ao noso proxecto e conseguir rodar a pesar das dificultades,  foi o reto este curso 2019/20 .

Non son os mesmos guións, nin os mesmos temas, estes foron adaptados ao momento que lle tocou vivir ao meu alumnado .

No proxecto realizaron desde curtametraxes confinadas , animacións , musicais , traballaron colaborativamente en vídeocreacións , videoclips coordinadas por whatsapp entre o alumnado e o profesorado do Soliño , desde pequenos programas de TV , con titoriais de cociña a tarefas para @s máis pequen@s da casa... Preto de medio centenar de vídeos realizados en pleno confinamento . O 30 DE XUNIO veremos unha selección destes no noso festival ONLINE CONFINADO .

.
Que se fará publico neste Blogue, ATENT@S as pantallas!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2026/27

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso !  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...

Somos GAÑADORES nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016

 O proxecto audiovisual que realizamos  o ano pasado en Educación Plástica no IES as Barxas, e que implicou a gran parte da comunidade educativa,  acaba de recibir un premio  nacional.  Somos gañadores nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016,  na modalidade: MELLORES EXPERIENCIAS TIC, categoría: Mellor Proxecto TIC Audiovisual . Podes atopar o proxecto nesta páxina  http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes Premio  Innovación Educativa de SIMO Educación 2016 Recollendo o Premio en SIMO FOTO  @centro.juanmaria Ligazóns sobre o proxecto    EDUCACIÓN 3.0  http://www.educaciontrespuntocero.com/convocatorias/ganadores-la-iv-edicion-los-premios-simo-educacion/39874.html INNOVACIÓN EDUCATIVA FUNDACIÓN TELEFÓNICA  https://innovacioneducativa.fundaciontelefonica.com/blog/2016/10/17/superheroes-y-superheroinas-alumnado-comunicando-concienciando-y-emocionando/ ...