Saltar ao contido principal

Publicacións

DEITADO FRENTE AO MAR, como se fai unha rotoscospia

Un video con dous finais diferentes , ver ENLACE            Deitado frente ao mar é un vídeo do audiovisual as barxas, un traballo interdisciplinar  de música e plástica, creado como resposta  a unha invitación do consello directivo dá Coordinadora galega de  Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.     Tiñamos que crear un pequeno anuncio publicitario dun   acto  homenaxe a Celso  Emilio Ferreiro que consistirá no   recitado colectivo e simultáneo,o vindeiro mércores 12  decembro  de 2012, ás 12.00 horas, do poema Deitado frente ao mar, un dos textos  máis emblemáticos da  súa obra poética. A música é obra de Seso Durán e os seus alumn@s do obradoiro música as Barxas de  1º de bacharelato,  ao que sumáronse algúns de tercerio dá e.s.o,a música foi o noso punto de partida ,Ver ENLACE do seu making of). ...

ANIMACIÓN 2D CON PENCIL, COMO SE FIXO TEMPO DE SAMAÍN

Nesta actividade os nen@s tiñan que animar unha liña e transformala nun ser máxico dos que habitan os bosques en  Samaín, para iste traballo utilizaron PENCIL e ANIMATION DESK, unha aplicación do Ipad.  Pencil é un programa de descarga libre , quizais por iso é o meu preferido , os alumn@s tiveron algún problema o exportar a animación en arquivo de video "MOVIE" (recordar que, a vosa animación pode ser exportada  como unha secuencia de imaxes,  arquivo de vídeo mov ou como arquivo swf) o problema está xerado debido a que o tamaño das imaxes non se corresponde co dunha película, aconséllovos usar imaxes cun tamaño igual ao vídeo a exportar, por exemplo 720x480.                         FONTES E ENLACES DE INTERESE SOBRE PENCIL Manual básico PENCIL en PDF: ENLACE Animación con PENCIL no blog:  http://pencileando.blogspot.com.es/2008/08/manual-bsico-de-pencil_18.html Más infor...

Audiovisual as Barxas , PREMIO á mellor iniciativa TIC 2012 - EDUCACIÓN 3.0

GAÑADORES do  PREMIO A MELLOR INICIATIVA TIC 2012 en SECUNDARIA na REVISTA EDUCACIÓN 3.0 "Historias dun cuarto de baño" Unha experiencia educativa na que os meus alumn@s de educación plástica en 4º da ESO tiñan que crear o seu propio guión, un storyboard, así como dirixir e montar o seu propio curto.  A experiencia comezou co estudo dá linguaxe audiovisual e de como realizar un guión (o noso agradecemento a Xan Leira polas súas desinteresadas clases), este premio tamén é del e do profe de música Seso Durán , que editou as voces en off e é o responsable do tema "eu non son ti" que  naceu no Obradoiro Músicasbarxas , e de tod@s os  PROFES dás Barxas, que demostraron ser uns excelentes actores ; da nosa Vero PT , Francisco Torrado, Iria Collazo, Rubén, Pilo, Carlos, Goretti, Javier , Juan... Este recoñecemento é para todos vós e para os alumn@s que se implicaron de cheo no proxecto  , grazas pola vosa participación e o voso entusiasmo. ...

O II FESTIVAL DO AUDIOVISUAL AS BARXAS E " AS HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO"

Este CURSO 2011-12 en plástica rodamos “historias dun cuarto de baño” , seis historias conectadas polo escenario dun cuarto de baño. O guión, a dirección e a montaxe son obra dos meus alumn@s de plástica, unha creación Barxas 100%. 4ºESO , CURSO 2011-12- OS CREADORES DE "HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO" VER AS NOSAS HISTORIAS EN PINTEREST            E para aqueles que non puidestes vir ao festival (mala data por ser época de exames)deixámosvos 5 dos 6 curtos e o vídeo da cerimonia , todo un éxito .       O salón de actos das Barxas  completo, o público moi xeneroso cos alumn@s, non escatimou en aplausos .       Estreamos : A muller lamprea 1º ESO O Agasallo 1º BACH E 4ºESO coordinado polo profe de música Seso Durán  E estas Historias  que forman o mosaico da peli " historias dun cuarto de baño" de 4º ESO , case unha longametraxe de 75 minutos de duración, deixovós o enlace que v...

II Aventura da Muller Lamprea

1º da ESO (Grupo A) do IES as Barxas explícannos a súa experiencia stop motion ca MULLER LAMPREA  Claudia resume a súa experiencia cun: - "A plástica é MAXIA"-   nunca escoite nada tan fermoso da miña materia e resume perfectamente que é para eles esta experiencia e que os fai traballar máis do habitual. O stop motión pódese aplicar ao papel con ilustracións ou cartolinas de cores, plastilina, obxectos, persoas, mesturalo con anacos de vídeo ... pódese adaptar a 1º, 3º ou 4º da ESO e trabállase como un proxecto...... VER ENLACE  É sobre todo este traballo é interdisciplinar, en plástica coordinámonos con música e con lingua galega.   Seso Durán , é profe de música e o responsable das voces en off da animación.  Iria Collazo  a profe de galego é a creadora deste fermoso conto, o próximo curso seguro que ten outra nova aventura para darlle ritmo co stop motion , podedes contar con iso futuros alumn@s de 1º ESO.

Que é para ti a felicidade ?

Que é para ti a felicidade?, é un traballo de narrativa dixital dos alumnos de 3º ESO B, a partir dun anaco da canción " muíños de vento de Mago de Oz.    "Bebe, canta, soña  Sente que o vento  foi feito para ti  Vive, escoita e fala  Usando para iso o corazón"  Esta é a fonte de  inspiración para construir o seu relato stop motion, o vento e o molinillo son elementos comúns nos vídeos.  Tarefa difícil explicar como conseguir atrapar a prezada felicidade.

HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO

TRAILER DE "HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO" Este 20 de xu ñ o á s 6 da tarde estades todos invitados ao festival audiovisual do IES as Barxas ,no que poderemos ver curtos realizados polos alumn@s de pl á stica e m ú sica. Este 3º trimestre en pl á stica pasamos moitas tardes rodando a nosa peli “historias dun cuarto de ba ñ o” , a s seis historias est á n conectadas polo escenario dun cuarto de ba ñ o , cada unha delas toca distintos x é neros cinematogr á ficos.  O  gui ó n, a direcci ó n e a montaxe son   obra dos alumn@s de pl ástica , un traballo  moi completo , que vai desde o estudo do lenguaxe audiovisual, ao guión técnico, os ángulos da cámara, a rodaxe e a edición dun curto, fomenta o traballo en equipo, o bo rolo e o interdisciplinar. Como recurso, destacar a colaboraci ó n do director de cine Xan Leira que nos dedicou moitas horas de clases para ensinarnos a escribir un gui ó n cinematogr á fico. DESTACAR e AGRADECER a i...