Saltar ao contido principal

Publicacións

CARANGUEXO FILMS

Comezamos como dende fai xa cinco anos, o noso proxecto audiovisual no  IES  ás  Barxas  en 4º da ESO.   Este curso os meus alumn@s van crear 6 curtas , ou  polo menos esta é a nosa intención;  un remake, unha curta   super Lampreica,(guión da profe Iria)  que dará moito que falar, e catro curtas   máis, cuxos guións foron creados  polos meus alumnos de plástica. Como sempre eles son os protagonistas en todas e cada unha das fases do proxecto , na preprodución ,produción e  postprodución .  Trátase dun  proxecto  cooperativo  onde os alumn@s aprenden a asumir responsabilidades , todos teñen un papel dentro do plan da rodaxe. Son como o mecanismo interior dun reloxo mecánico, se unha peza falla, o reloxo detense .  Pero mellor ver as entradas  do seu "caderno de bitácoras" ,   onde vós encontrardes o seu  primeiro día de rodaxe,   son moito máis amenas que este rolo que vo...

Sen medo a debuxar¡

  O  debuxo  é unha linguaxe en se mesmo,  comunica e transmite ideas........Ver entrada completa no blog do PROXECTO editorial  "ÁLBUM ILUSTRADO" Sen medo a debuxar¡ from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . #ElArteImporta O debuxo é unha linguaxe universal, unha ferramenta de coñecemento, un medio de expresión, unha forma de pensar. Debuxo:Inés Camaño Cámara :Xabier Zuñiga Música :Mmfff - Polychromatic Journey http://barxasemprendecreaciondeunaeditorial.blogspot.com.es

+ ARTE

Déixovos estes dous fermosos artigos de Rodrigo J. García . Especialista en redes sociais e cambio educativo. Asesor para o desenvolvemento de prácticas democráticas de aprendizaxe en institucións educativas.  Grazas Rodrigo por divulgar  no blog do país: Escuelas en Red   as nosas experiencias ,isto son cápsulas de enerxía para nós. Pese a que a actual Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) sitúa os ensinos artísticos no espazo do non obligatorio, o opcional, malia iso, nos seguiremos traballando co mesmo entusiasmo, coa esperanza de que algún día a  ARTE teña o espazo que se merece na educación. http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2015/02/mas_arte.html http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2015/02/el_compromiso_del_arte.html              

DEBUXO ARTÍSTICO AS BARXAS , AUL@NIMADA

Novos traballos dos meus alumnos de debuxo artístico das  Barxas FRIDA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . dibujo artístico IES as Barxas Paisaje from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Vídeo-creación de Maria Piñeiro, realizada en debuxo artístico , IES as BARXAS Profesor coordinador Luz Beloso Soamente sobresaía o seu sombreiro, nadaba sobre o seu sangue, soltando o seu sexto suspiro, sumíase suplicando o seu socorro Non deixes que a pobreza se transforme en parte da paisaxe video educación, formación. http://animacioneducacionplastica.blogspot.com.es/2014/11/frida.html http://animacioneducacionplastica.blogspot.com.es/2014/11/paisaxe.html

Mención especial pola creación audiovisual no OUFF ESCOLA

Onte puidemos gozar dos curtos proxectados no prestixioso festival de cine  INTERNACIONAL DE OURENSE  OUFF   ESCOLA , dende aquí quero agradecerlles o recoñecemento ao noso traballo no IES as Barxas coa  mención especial á calidade audiovisual dos nosos proxectos.  Déixovos unhas fotos do paso polo festival.