Saltar ao contido principal

Publicacións

SOMOS GAÑADORES DO IX PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS

EDUCORTOS  recibiu un premio  na categoría de blogs de profesores e profesoras no  prestixioso concurso   ESPIRAL EDUBLOGS. Os Premios Edublogs están abertos a toda a comunidade educativa onde dende fai anos ( estamos xa no IX Premio ), presentanse miles de blogs de toda España.                            http://espiraledublogs.org/comunidad/Edublogs/premio Este premio valora a importancia e repercusión dos blogs na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación dos alumnos. Recoñece o traballo de moitos profesores e profesoras na rede demostrando a súa utilidade pedagóxica. É un escaparate motivador dunha corrente educativa dentro da blogosfera, que axuda á xeneralización do uso das TIC na aula. Ofrece unha selección de boas prácticas que animan a iniciar ou consolidar o uso nos blogs en ámbitos educativos, aprendendo de experienci...

REMUIÑO VIOLETA NAS BARXAS

Este curso imos a celebrar o 17 de maio co noso  recén  nacido "remuíño violeta ", un remuíño de ideas creativas que crecen no  IES  ás  Barxas , un remuíño que empeza a xirar e non pensa parar mentres non exista unha conciencia na igualdade de oportunidades, queremos abrir  camiños  e  novas  formas de mirar. Por iso nós celebramos este día con  Begoña Caamaño ,   " porque si, porque nos gusta, porque nos peta , porque nos  sae de dentro, alá do fon do  " , nos  sae da alma,  e celebrámolo   con este fermoso  ALALÁ  de despedida de  Uxia Senlle  para a súa querida  amiga , que grazas á petición de  Iria  Collazo,  cedeunos para realizar esta animación. Esperamos que vos guste. Os artistas da animación para conmemorar o evento son os meus alumn@s de 3º ESO e debuxo de BACH . Animación  rotoscopia : Alumn@s 3º ESO Animación  2D: ...

EDUCORTOS FINALISTA NO IX PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS (2015)

Decateime  estés días polo https://twitter.com/edublogsespiral  que o blog EDUCORTOS quedou Finalista no  IX Premio  Espiral Edublogs  (2015), na categoría de Blogs de mestres e Profesores.   U n orgullo quedar xunto á compañeira de educación plástica  Henar Moros co seu BLOG HenArte & TIC´s   # AArteImporta compañeira. Este recoñecemento píllanos enredados co noso proxecto audiovisual  CARANGUEXO   FILMS , un proxecto no que os  alumnos dirixen, filman, editan, son produtores, actores, directores e elaboran os seus propios guións, seguiremos traballando, pero agora con máis forza que nunca, moitas  grazas polo  recoñecemento  . Déixovos momentos do noso día a día ,intentando  que  a estrea do noso V festival audiovisual no IES as Barxas    sexa unha realidade.  VER ENLACE : http://espiraledublogs.org/comunidad/Edublogs/recurso/finalistas-ix-premio-espiral-edublogs-2015/cdaf38a4-e...

+ARTE CON FRANK GEHRY

Este vídeo realizado polas miñas alumnas de debuxo artístico acaba de recibir unha Mención especial pola Fundación princesa de Asturias pola súa calidade e a súa estética, quedando finalistas en segundo lugar na categoría de Bacharelato #ElArteImporta GRAZAS  A "Morrazo al Día"   polo seu fermoso e completo artigo   http://morrazoaldia.com/gl/la-fundacion-princesa-de-asturias-elogia-la-calidad-audiovisual-de-moana / FRANK GEHRY from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Alumnas de debuxo artístico Nuria Souto Maria Piñeiro Jessica Miranda Música : Josh Woodward , web Jamendo profesor :Luz Beloso Mención especial por la Fundación princesa de Asturias por su calidad y su estética, quedando finalistas en segundo lugar en la categoría de Bachillerato, http://www.fpa.es/concurso/acta-del-jurado/

CURTAMETRAXE EXPRESS. UNHA DE ZOMBIES

Proxecto  educaBarrié  "Un artista na escola" CURTAMETRAXE EXPRESS:  Planificar e rodar unha curtametraxe nunhas poucas horas. Os alumn@s de 3ºESO rodaron a curta nunha hora co método multicámara que lles ensinou  Simón , tratábase de crear unha historia dun minuto que ao  final foron catro. Despois da marcha de  Simón Vázquez  tocábanos  editar  e isto  é o que se lle ocorreu aos meus alumn@s de 3º ESO na     súa primeira curtametraxe .  Quizais algún dos nosos artistas  siga o camiño de  Simón . http://educortos.blogspot.com.es/search/label/Simón%20Vázquez

RODAR UNHA CURTAMETRAXE NUN TEMPO LIMITADO

PROXECTO: UN ARTISTA NA ESCOLA,  EDUCABARRIÉ ARTISTA :SIMÓN  VÁZQUEZ Este vídeo é un resumo da experiencia realizada con  Simón  aplicada a 3º da ESO , contén dende a "máster  class" , entrevista a  Simón e  a selección de guións.  Todo o proceso de rodar a nosa "curta  express"  pódese ver en apenas 30 minutos, paga a pena escoitalo, estes dous días os alumn@s e  a profesora   aprenderon MOITO. Máster Class impartida por Simón Vázquez http://educortos.blogspot.com.es/2015/04/simon-vazquez-un-artista-na-escola-no.html

Simón Vázquez , "Un artista na escola" no IES as Barxas

  Estes días traballamos no proxecto " Un  artista  na   escola" , organizado por   educaBarrié .  O  noso  artista :   Simón Vázquez,  gañador do prestixioso premio "  Mestre Mateo "  por " Man Fred, home sen paz " "PAIXÓN polo que un fai..  facer que o teu traballo non sexa un traballo ..", todos poñiamos atención nas palabras de   Simón .... Nos primeiros minutos desta experiencia  Simón  gañou o cariño, a admiración e a emoción dos meus alumnos/ás ao escoitalo. Simón non só foi moi xeneroso compartindo coñecementos, recursos propios e máis tempo do previsto connosco, ofreceuse mesmo a realizar un seguimento da actividade xa posta en marcha na aula. Os alumnos de 3º ESO carecían nun principio de coñecementos previos en canto a linguaxe audiovisual, pero o entusiasmo e o interese espertado polo noso artista durante estes dous días,converteunos  en; directores, actores, guionistas, cámaras, p...