Saltar ao contido principal

Publicacións

AUTORRETRATO ANIMADO WONDER

Grazas a unha invitación de Mercedes Ruiz realicei esta proposta didáctica  , convídovos a participar con ela no proxecto Wonder , e compartir os resultados animados dos teus alumnos e alumnas no blogue " Contamos con eMOTION"  #EDUmaridaje Olivia (Via) a irmá maior de August adora ao seu irmán, aínda que algunhas veces  sente que é desprazada por el.  Para ela August é o sol e todos viran ao redor del, como os planetas.      A proposta desta actividade  parte da mirada de Via, sobre como ela ve a August. Nunha pasaxe realiza unha descrición obxectiva do seu aspecto, pero afirma non velo como o resto da xente. Ela sabe que o esencial non é visible aos ollos. Anímote a realizar o teu autorretrato esencial e transformalo nun elemento ou figura que che defina a modo de metáfora , quen es en realidade? , mira máis aló do simple envoltorio no que se basea a nosa aparencia exterior. Crea unha metáfora animada para entender como es  coa ap...

O noso proxecto Audiovisual as Barxas gañador de "orgullo TIC"

A nosa productora Audiovisual "Caranguexo films" que traballou este ano co lema de " +ARTE"  na materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual nos cursos de 4º da ESO , 1º ESO  e na materia de animación de 1º e 2º de BACH  foi recoñecido pola plataforma IneveryCrea co premio    "orgullo TIC"  # somoscine # cineEdu Moi contentxs e agradecidxs¡¡ http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2017/09/22/proyecto-audiovisual-instituto-as-barxas/1754174.html https://luzbelos.wixsite.com/arteaudiovisual

BULLIYNG SELECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES no Terceiro Festival de Curtas para a Educación na Diversidade

A curta Bulliyng   das alumnas e alumnos de animación de 1º BACH do IES   As Barxas  é SELECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES no Terceiro Festival de Curtas para a Educación na Diversidade, organizado pola Universidade Tecnolóxica Nacional / Facultade Rexional Avellaneda , co apoio da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO e o patrocinio da Comisión Nacional Arxentina de Cooperación coa UNESCO. PROXECTARASE o 13 de Setembro entre as 9:30 hs e as 13 hs ver  http://www.festival.idenf.fra.utn.edu.ar/cortometrajes/jovenes B U L L Y I N G from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . FINALISTA no certame INTERNACIONAL VIDEOMINUTO 1º BACH OBRADOIRO DE ANIMACIÓN -IES AS BARXAS Guión Isabel Cascante Garcia Ilustración e Animación : Isabel Cascante Garcia Maria Puente Couso Alba Rodríguez Ríos Nerea Lareu de Castro Rubén Chapela Pereira Julieta Insagaray Artigas Lucia Parcero Martínez Marío Santomé Rodríguez MOAÑA https://animacioneducacionplasti...

Somos SELECCIÓN OFICIAL no "festival INTERNACIONAL de CINE independiente de ELCHE"

"CABELOS DE BATALLA"  é SELECCIÓN OFICIAL  no "festival INTERNACIONAL de CINE independiente de ELCHE"  O Festival de Cine de Elche-FICIE conta co apoio da Generalitat Valenciana, o recoñecemento da AIC e preselecciona para os Premios Goya. VER LIGAZÓN : http://www.visitelche.com/wp-content/uploads/sites/8/2017/07/Programa-FICIE-40ªed.-Elche.pdf  Tamén se proxectaron o domingo 16 neste prestixioso festival ARIADNA QUERE SER TESEO e   LATEXOS , a pesar de non ser parte da selección oficial , grazas mil por facer isto posible.   #AarteImporta #SomosCine

+ ARTE no VII FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS

Este curso en 4º da ESO o alumnado de Plástica realizou 7 CURTAS cun nexo común, todas parten dunha obra de ARTE, a partir da cal desenvolveron unha historia de transcendencia social. ​ ​​  Ademais contamos cunha nova sección no FESTIVAL AUDIOVISUAL: " ANIMACIÓN para CONCIENCIAR" . Porque a animación é ARTE en MOVEMENTO que serve para imaxinar, crear mundos posibles ou imposibles, expresar, concienciar e este ano en concreto para reflexionar sobre a doazón de órganos ou os hábitos pouco saudables, como o do tabaco. Estas creacións son froito do traballo do alumnado nas novas materias creadas este curso no IES as Barxas: 1º BACH con IMAXE EN MOVEMENTO e ANIMACIÓN para 2º BACH. ​​As ganas de seguir aprendendo, motivando, emocionando e revolucionando desde a creatividade son o noso motor. ​   O proxecto AUDIOVISUAL “CARANGUEXO FILMS” parte da área de Educación Plástica e Audiovisual do IES as Barxas e implica a toda a nosa comunidade educativa. Naceu non só co ...

PREMIADOS NO FESTIVAL ESCOLAR GALEGO, OLLOBOI

Un capitulo máis da saga " A muller Lamprea " foi premiado co nomeamento ao mellor guión no certame AUDIOVISUAL ESCOLAR OLLOBOI  http://olloboi.com , un proxecto que naceu fai sete anos xunto á miña compañeira  Iria Collazo , autora do guión " Ariadna quere ser Teseo"  Tratase  dunha curta realizada polo alumnado de 4º ESO de Educación Plástica Visual e Audiovisual  que este ano presentan un novo Cápitulo no que a muller Lamprea afirma que "Non pode negar a súa sorte " por vivir entre nós a pesar de....este 22 ás cinco da tarde teredes que vir para sabelo ;)  Momentos de moita emoción vividos no Festival de referencia OLLOBOI   con Lia (protagonista da curta) E FINALISTAS EN POLO MENOS CATRO TRABALLOS

PRIMEIRO PREMIO no concurso de curtametraxes sobre doazón e transplantes

Hoxe é o día do doante e os do IES as Barxas vimos de recoller o primeiro premio do concurso de curtametraxes sobre doazón e transplantes de órganos promovido pola Consellería de Sanidade . http://saladecomunicacion.sergas.es/Paginas/DetalleNova.aspx?idioma=ga&idNova=9098 A curta gañadora “Regala sorrisos salvando vidas” estréase este 22 ás 17:00 , xunto con outras animacións do obradoiro de animac ión as Barxas no Festival audiovisual. # AnimaciónparaConcienciar   # FestivalAudiovisualASBARXAS REGALA SORRISOS from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . 1º PREMIO “V Concurso de curtametraxes” da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) Consellería de Sanidade Animación 1º BACH IES as BARXAS Andres Lorenzo Rodríguez-Guión e idea Xoán García García Cristian Santiago Piñeiro PROFESORA COORDINADORA Luz Beloso