Saltar ao contido principal

Publicacións

INTOLERANCIA

Este curso no IES María Soliño , como todos os anos que pasei nas Barxas desde o 2011 gustaríame facer un Festival Audiovisual. As curtas estreásense por primeira vez no Auditorio Cangas, xa temos reservada data para mediados de Maio (apuntade). Como todo proxecto educativo, é unha aventura .  Ilusión e motivación por parte do alumnado de 1º Bach de Cultura Audiovisual non falta , elxs decidiron chamarlle OSOliño FILMS á súa nova produtora e o título do FESTIVAL deste ano é "INTOLERANCIA ", como á curta do noso taller de animación que acaba de ser FINALISTA no Concurso Ciberespect 2019 .https://vimeo.com/372753253 INTOLERANCIA from OSOliño Films on Vimeo . CURTA FINALISTA no Concurso Ciberespect 2019 Guión : André Vázquez Aaron Fernández Irma Santo Sábela Ledet Xian Aldovera Carla Vilariño Juan Cruz Leire Gonzalez Iciar del Rio Teresa Costa Profesora coordinadora : Luz Beloso Música Kai Engel Productora : OSOliño FILMS ARTES IES MARIA SOLIÑO FRA...

JAKE AS VIOLENCIAS MACHISTAS

Estreamos produtora "OSOliño films" (un proxecto do meu alumnado de Cultura Audiovisual  do IES Maria Soliño)  con esta videocreación para o  # 25N  . Fotos da expo "JAKE"ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS e poemas de Isabel Blanco. .  Iria Collazo López  e  Diego Seixo  . "JAKE " ás violencias machistas from OSOliño Films on Vimeo . No IES María Soliño, reivindicamos o día dá Violencia de Xénero cunha serie de actos e exposicións, poesía visual, Haikus, performances, accións artísticas, murais e un longo etc que repatimos ao longo dá semana do #25 N, aqui deixo esta web que recolle un pouco o que se fixo . Moito profesorado implicado e comprometido, así dá gusto traballar.  https://luzbelos7.wixsite.com/jakeomachismo  (Aínda podedes ver a exposición de poesía visual esta semana ,  as fotos do alumnado de cultura Audiovisual terá a súa réplica no auditorio de Cangas) e # galiciaennegro   # ennegro2019 # contraasviolencias  ...

20 N, TRÁNSITO

No IES María Soliño  proxectamos no salón de actos TRÁNSITO o  # 20N   #díadamemoriaTRANS . Un documento que recolle as testemuñas de rapaces e rapazas trans . Elxs son Luz na oscuridade. O traballo pode verse en   https://educortos.blogspot.com/2019/05/persoa.html E Compartiremos emociòns co grupo de Incomodxs e rebeldes do IES as Barxas , capitaneado por Dennis Vicente .   Mil grazas sempre aos protagonistas de TRÁNSITO pola súa xenerosidade. Por todas as persoas que pola súa identidade e expresión de xénero sufriron e/ou perderon a vida.  # educacion   # ORGULLO   # diversidade   # IESMariaSoliño   # tránsito https://educortos.blogspot.com/2019/11/20-n-transito.html No evento  contamos ca xenerosidade de  Hugo Ferreiro , el é un dos protagonistas do documento “tránsito”  , un traballo que xorde da súa visita  a  comezo do curso pasado  nas aulas do  IES  as ...

PERSOA e TRÁNSito

O exalumno Hugo Ferreiro González visitou a comezo de curso a aula de plástica para compartir e aprender. Grazas a el puxemos a mirada na realidade TRANS e sentimos a necesidade de visibilizar, compartir, e educar para educarnos, traballando na diversidade para a igualdade e loitando sempre polo dereito a SER Este ano o festival audiovisual  "Caranguexo Films" vai ser diferente, estrearanse os proxectos paralelamente no salón de actos para o noso alumnado do IES  as  Barxas, e para todo aquel que queira velo  online nas ligazóns de  you tube que deixo  aquí.  https://www.youtube.com/playlist?list=PLHSljiEP5S0jay4m26P2qr03ZhkRXwpnT Para un dos proxectos "TRÁNSito "  contamos ca Música orixinal do Conservatorio  Superior de Música de Vigo "Persoa" , é unha curta baseado nas propias experiencias de Hugo Ferreiro , reinterpretado polo alumnado de 4 ESO. ALUMNADO de PLÁSTICA as BARXAS de 4º ESO C Guión : ...

Transformando Realidades

Transformando realidades de google O proxecto transformando realidades coordinado xunto a miña compañera de economía M Jose Soto estará no 2º Encuentro de Centros Innovadores de Galicia (3 abril 2019) http://dimglobal.ning.com/profiles/blogs/2o-encuentro-de-centros-innovadores-de-galicia-3-abril-2019

"SOMOS A NOSA MEMORIA " NO CONCELLO DE MOAÑA

Este mércores ás 8 da tarde no concello MOAÑA temos unha cita  ;) Proxectaranse traballos do alumnado de plástica do IES as Barxas : " Eu serei a túa memoria", realizado en colaboración coa Asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer  Afamo Morrazo ); " Ou todos ou ningún", sobre a problemática do estaleiro Ascón, no que se entrevista a un dos líderes sindicais daquela época,  Manuel Currás Meira  , "1936" e " Forten", no que o alumnado do instituto son protagonistas d a guerra, así como tamén María do Carmen García, que conta unha historia real que o alumnado levou á pantalla. Por último, proxectarase " Teño medo ás palabras", ao redor dun poema de   Miguel Ángel Alonso Diz  . Esta última curta leva ilustracións baseadas nos debuxos de Castelao. MIL Grazas á Agrupación Nós e ao concello de Moaña.  # somoscine # caranguexofilms   # cineyeducación   FONTE : Faro de Vigo https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2018/12...

PREMIO NO OUFF ESCOLA

A curta " ou todos ou ningún" dirixido polo alumno Angel Currás que está dentro do proxecto " Caranguexo Films " proxecto do alumnado de Educación Plástica de 4º da ESO conseguiu un Premio Mención de Honra no Certamen OUFF ESCOLA PARABÉNS A TODXS¡¡ Equipo de rodaxe