Nunha primeira fase do proxecto "creación dunha productora audiovisual para o IES as Barxas" empezaremos co estudo da linguaxe cinematográfica, planos, ángulos, encadre... Antes de realizar o noso proxecto debemos ser conscientes das nosas limitacións, un gran número de alumn@s que queremos coordinar , pouco tempo apenas dúas horas á semana, tanto en TIE como en educación plástica , necesitaremos usar o enxeño e aproveitar ao máximo os recursos que temos . Os escenarios son limitados nun instituto, por iso queremos un croma, para viaxar a outros mundos como di Juan ,e xa é hora de crear un informativo novo, fresco e divertido, unha mirada vosa ao mundo que vos rodea, noticias de dentro e de fóra do instituto. Neste video participaron alumn@s de TIE ,de plástica, e o incondicional grupo de alumn@s que acode todos os recreos ao aula de plástica e que saben que esta sempre será a súa aula , un espazo para dar vida e forma aos seus sonos. QUE NECESITAMOS? Video...
SOMOS CINE & EDUCACIÓN